Criminoloxía, Novidades bibiográficas, Recursos web

Vocabulario de Criminoloxía

O Vocabulacriminoloxiario de criminoloxía é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra de referencia coordinada polos profesores da facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía Gumersino Guinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL da USC. Tédela no segundo andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección de obras de referencia. A publicación pode descargarse de balde en formato .PDF ou mercarse a súa versión en papel.

Alma do canón, antehélice, asañamento, pegada, marcas de luvas ou iatroxenia son termos que deben usar os profesionais da criminoloxía que empreguen o galego como lingua de traballo. Todos eles, ata case 2000, aparecen recollidos neste novo traballo terminográfico do Servizo de Normalización Lingüística da USC, editado nesta ocasión en colaboración co Instituto de Criminoloxía. Este é o sétimo volume da Colección Vocabularios Temáticos.

A USC, a través do seu Instituto de Criminoloxía (ICUS), leva máis de trinta anos impartindo docencia en criminoloxía, a través de sucesivos plans de estudo de títulos propios, e de materias optativas, primeiro na Licenciatura e agora no Grao en Dereito. E nun futuro próximo aspira a impartir o Grao en Criminoloxía, título oficial xa implantado en varias universidades españolas.

O Vocabulario de Criminoloxía que se ven de publicar, recolle termos en galego e as súas equivalencias en español e inglés cos conceptos básicos dos diversos ámbitos das ciencias criminolóxicas aglutinadas ao redor dos seus obxectos de estudo como son o crime, a conduta desviada e o delicuente e a vítima.

Fonte: Xornal da USC [04-02-2016]

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas