Linguaxe xurídica, Noticias e novidades, Novidades bibiográficas

Diccionario del español jurídico

Vimos de recibir na biblioteca o Diccionario del español jurídico (DEJ), que nace da preocupación do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) polos problemas de claridade e seguridade da linguaxe xurídica. Aínda que non é a primeira vez que se fai un dicionario xurídico, si é o primeiro, tanto en España como en Europa, que abandona as tradicionais explicacións extensas de carácter enciclopédico do asunto que tratan, tal como se advirte no Plan e guía da obra, e acóllese aos criterios lexicográficos da Academia (RAE), con definicións breves e informacións complementarias que orientan sobre o uso correcto de cada vocábulo.

PublicadDiccionario del español jurídicoo recentemente nun volume de 1669 páxinas, o dicionario contén preto de 30000 entradas, nas que participaron 130 profesores e catedráticos de universidades españolas seleccionados por especialidades do Dereito.

O Diccionario del español jurídico recupera a idea dun modelo de dicionario que, aínda que especializado, baséase en definicións escuetas enriquecidas con indicacións de uso de cada palabra ou locución e con documentos extraídos de leis ou xurisprudencia: son, como lembra o académico e xurista Santiago Muñoz Machado, director da obra, os conceptos metodolóxicos do primeiro dicionario académico, o Diccionario de autoridades, publicado entre 1726 e 1739.

Como explica o catedrático Muñoz Machado no prólogo do dicionario, «os académicos que traballaron no Diccionario de autoridades viron nos textos legais […] a máis indiscutible autoridade, complementaria dos grandes autores, e riquísimos almacéns de palabras». Con este mesmo propósito, o Diccionario del español jurídico recupera os criterios que empregou a Academia no Diccionario de autoridades e non se limita a definir as palabras, senón que engade unha explicación sobre o uso e procedencia do concepto con apoio na lexislación, a xurisprudencia e os autores.

O Diccionario del español jurídico abarca a linguaxe xurídica “de todos os tempos”, desde o Dereito medieval, o canónico, os históricos fueros, pasando polo constitucional, penal, administrativo ou contencioso, ata a linguaxe que se impón na actualidade pola nova regulación económica ou internet pois, como sinala o seu director, desde finais do século XX estase producindo no mundo xurídico “unha nova revolución das palabras” alimentada pola globalización das regulacións económicas e sociais.

Segundo o académico, os neoloxismos que “bañan” agora a linguaxe xurídica incorporáronse tal como son, e poderánse buscar así palabras como “web” ou “cookie“.

Nesta nova obra, un 20 por cento dos termos están ilustrados por xurisprudencia mentres que unha porcentaxe similar de vocábulos conta a historia da súa orixe.

A RAE traballa tamén na edición electrónica, á que se incorporaría un 20 por cento do volume que foi descartado para esta edición por falta de espazo. A este dicionario uniráse o Libro de Estilo da Xustiza con regras para que os profesionais da Xustiza escriban ben: como se ordenan as frases, o vocabulario base e especificacións con frecuentes latinismos que, en moito casos, están mal construidos.

Máis información

Índice, prólogo e presentación da obra [PDF].
Plan e guía da obra [PDF].

Bibliografía

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.396 visitas