Bases de datos, Biblioteca Concepción Arenal, Facultade de Dereito, Facultade de Políticas e Socioloxía, Facultade de Relacións Laborais, Noticias e novidades, Profesorado

A visibilización do traballo do PDI en Dialnet

DialnetEn 2015, 1.618.018 usuarios estableceron máis de 26 millóns de sesións á web de Dialnet, visitando 84.089.785 páxinas, converténdose no segundo portal de contidos bibliográficos do mundo, e unha das ferramentas de procura e descubrimento de información científica máis utilizadas e coñecidas polos investigadores.

Por todo isto, é importante que a produción científica dos investigadores e investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela se reflícta correctamente en Dialnet, e esta é unha das liñas de actividade da BUSC, e da Biblioteca Concepción Arenal en particular.

Dende hai tempo, na Biblioteca Concepción Arenal estánse a actualizar os datos da produción científica do PDI das facultades de Dereito, Ciencia Política e Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela, a fin de visibilizar o traballo do seu PDI:

  • Comprobación da súa identificación con varias alternativas de acceso aos seus nomes, e a correcta afiliación aos seus departamentos.
  • Comprobrobación de que a súa produción científica estea correctamente referenciada en Dialnet.
  • Comprobrobación da presenza en Dialnet de cada investigador ou investigadora pertencentes aos departamentos de cada unha desas tres facultades (172 dos de ciencias xurídicas, 28 de ciencia política e 24 de socioloxía), e doutras disciplinas ubicados na facultade de Relacións Laborais.
  • Recentemente, rematouse coa revisión e volcado das teses de doutoramento presentadas en calquera das tres facultades ás que damos apoio, 249 de ciencias xurídicas (24 a texto completo), 53 de ciencia política (23 a texto completo) e 26 de socioloxía (10 a texto completo).
  • Finalmente, encargámonos de introducir periodicamente en Dialnet os artigos de 11 revistas asignadas por Dialnet, e das referencias de cada capítulo dos libros de autoría individual ou colectiva que estean dirixidos, ou no que participen, algún dos nosos investigadores ou investigadoras.

dialnetplusPor outra banda, a BUSC leva un tempo revisando e actualizando os rexistros de autoridade do PDI no catálogo da biblioteca Iacobus, na Base de Datos de Autores Galegos e tamén en Dialnet.

Como parte desa revisión, xa dende hai tempo estáse a introducir en cada rexistro de autoridade do PDI un enlace á súa páxina de Autor e, máis recentemente, ao Orcid ID na medida en que o PDI se vai rexistrando en Orcid e nolo comunica (insistimos na importancia que ten para o PDI rexistrarse nel).

Ao mesmo tempo acadouse que na páxina de Autor de Dialnet se incorpore a posibilidade de enlazar ao autor coa nosa Base de Datos de Autores Galegos dentro do apartado “Autor noutros Catálogs/BB.DD“. Deste xeito, o traballo de autoridades que se fai na BUSC terá máis visibilidade. De momento hai poucos enlaces introducidos, pouco máis de 150, pero estáse á espera de que Dialnet faga unha carga automática dos enlaces en 1533 rexistros do PDI que xa están revisados.

Pódese ver o seguinte rexistro como exemplo: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=798450

Agardemos que a visibilización do traballo do PDI sexa máis doado grazas a este traballo da Biblioteca da USC.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s