Biblioteca Concepción Arenal

@ nas marxes. Las 3000: segregación social en el espacio urbano

Logo-NAS-MARXES-01 (1)Tal como vos anunciabamos en maio, cando paramos temporalmente a actividade do club de lectura, retomamos a actividade e, para comezar esta nova tempada propómosvos unha lectura ben interesante, a obra de Markus Vorauer: Las 3000: segregación social en el espacio urbano, da que falaremos o venres 30 de setembro.

O título adiántanos o que en realidade é: unha serie de ferramentas que nos axudan a comprender a fórmula da segregación social que cohabita dende a creación do espazo urbano.

3000

Las 3000, nos anos setenta. De Urbs Polis (Own work) [CC BY 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by/3.0)%5D, de Wikimedia Commons

A fórmula, dun xeito sinxelo, poderíamos representala de forma matemática como :

“Segregación social = crecemento urbano x produción capitalista + cultura + ideoloxía n.

O libro non ten desperdicio e vainos adiantando as complexidades das novas formas de segregación que se están a dar xunto ás variantes e o crecemento das desigualdades sociais. Unha verdadeira bomba de reloxería. Todo a través do estudo das 3000, zona residencial do distrito sur de Sevilla; unha construción urbanística que deberemos comparar con exemplos como as Hoovervillage  da Gran Depresión norteamericana, o complexo de Pruitt Igoo, ou indo xa ó deserto do real “Detroit” ou a construción das containervillage como as de Calais (Francia).

pruit-igoe

Día de presentación de Pruitt Igoe

As nosas Hoovervilles veñen, segundo Voraver, da reinterpretación do chavoslismo nas barriadas sociais da época franquista, e como tales mostran todo compoñente do urbanismo da época: unidades celulares, patriarcais, racistas, míseras, etc.

Pero quedámonos con gañas de recomendar outras lecturas e documentos que pensamos son imprescindibles, e que nos van axudar a repensar as patoloxías que encerra o urbanismo da segregación así como buscar formas que nos leven o combate do mesmo.

Animámosvos á reflexión da obra.

Vorauer, Markus. “Las 3000” : segregación social en el espacio urbano / Markus Vorauer. — Sevilla : Universidad de Sevilla, 2011.

Outros recursos :

Pierre Bourdieu. “Efectos de lugar” En : Quaderns d’arquitectura i urbanisme, Nº 2002, páx. 28-32

Harvey, David. Ciudades rebeldes : del derecho de la ciudad a la revolución urbana ; tradución de Juanmari Madariaga. — Madrid : Akal, 2013

The Pruitt Igoe Myth / Chad Freidrichs

Detroit: Ruin of a City / by Michael Chanan and George Steinmetz

Arte + Espazo publico  / María Luisa Sobrino Manzanares, Natalia Poncela López, editoras. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2011

. Biennale de Venezia 2016 : Reporting from the front

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas