Acceso libre, Bases de datos

Google Scholar Metrics. Datos de 2016

fotoblog7417A mediados do pasado mes de xullo publicouse a actualización correspondente a 2016 do Google Scholar Metricsque proporciona o ranking de revistas científicas en 12 idiomas distintos (entre eles o español), segundo o índice h dos cinco anos anteriores (2011-2015), e de acordo coas citas recibidas en Google Scholar.

GSM ordena as 100 primeiras revistas segundo o seu índice h de cinco anos para cada un dos doce idiomas incluídos, pero no caso do inglés ademais permite especificar os resultados por disciplinas e subdisciplinas.

Aínda que non se ofrecen listados desagregados por disciplinas en español, podemos facer procuras en Google Scholar Metrics de tal maneira que podemos obter rankings para revistas que conteñan a palabra Socioloxía,  Política, ou Dereito. Tamén se pode pescudar o índice h dunha revista buscando polo título desde GSM. Pódense visualizar os artigos máis citados de cada revista picando sobre sobre o seu índice h5.

Non se incúen revistas con menos de 100 artigos no periodo 2011-2015, nin publicacións que non foran citadas nese periodo.

Estes indicadores son os máis utilizados ultimamente para medir o impacto tanto das publicacións periódicas como das publicacións dos diferentes autores. Uns exemplos:

Índice H: se a revista tivera nove artigos en total e os números de citas que recibiron nos últimos cinco anos foran respectivamente 37, 14, 11, 7, 5, 4, 3, 2 e 2, o Índice-h sería igual a t=5, xa que 5 dos 9 artigos teñen polo menos 5 citas, á vez que ningún dos restantes 4 non superan as 5 citas.

Mediana H: Neste caso, o Núcleo-h está conformado por 5 artigos (aqueles que recibiron 37, 14, 11, 7 e 5 citas respectivamente). A mediana deses 5 valores, 11 neste exemplo, é un indicador que se agrega complementariamente ao valor do Índice-h

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s