Biblioteca Concepción Arenal

@ nas marxes. Éramos unos niños / Patti Smith

ps1A escolla que fixemos para este mes de novembro é unha das obras da madriña do punk Patti Smith (1946- ). Éramos unos niños / Patti Smith ; traducción de Rosa Pérez. [Barcelona] : Debolsillo, 2012 – National Book Award do ano 2010-. Debatiremos sobre a autora e a súa obra o próximo 25 de novembro, venres, ás 19 h. na biblioteca.

Obra que dalgún xeito ven amosarnos da forma mais humana posible o que foron os finais dos 60 e 70 na cidade de Nova York a nivel cultural e, dalgunha maneira, tamén a nivel político e social. Tempo que dende a realidade na que estamos a vivir parece mais ben que o que nos conta puidera acontecer mais en Marte que nun lugar do noso planeta a día de hoxe. A creatividade, amizade e tamén a carencia e pobreza material de moita da xente que aparece nas súas páxinas teñen por riba de todas elas a posibilidade de levitar e planear sobre a xente sen estar mortos; e así acontece con personaxes que Patti adora: por suposto o fotógrafo Robert Mapplethorpe –a quen lle vai dirixida a obra- , o escritor Allen Ginsberg, a tamén fotografa Diane Arbus, Dylan, Andy Warhol, Hilly Kristal, William Burroughs, Janis Joplin… ps2

Escrita a modo de tomas cinematográficas, ben pode tratarse dunha elexía en prosa que dalgún xeito nos leva ao que estaba no ar no seu momento: Cowboy de medianoite (1969), de John Schlesinger.

Patti Smith, para nós é unha rapaza que ven do rural de New Jersey fuxindo do que hoxe os sociólogos chaman os “working poor” e que dende a indixencia fixo reversible a cidade de Nova York, non só no Hotel Chelsea senón tamén nas súas actuacións no CBGB xunto á chamada xeración dos Johnnies, e principalmente coa publicación do seu álbum “Horses”.

Imos reproducir o que ela mesmo conta de si mesma no documental “Patti Smith: Dream of Life”(2008):

A vida é una aventura da nosa propia creaciónps3 interceptada polo destino e unha serie de accidentes afortunados e desafortunados. Nacín en Chicago nunha importante cidade dos EEUU, no medio dunha nevarada despois da II Guerra mundial. A miña irmá Linda naceu pouco despois, en 1949, e logo marchamos cara Filadelfia, a cidade do amor fraternal onde naceu o meu irmán Todd. No ano 1957 movémonos ao sur do rural de New Jersey enfronte dun Salón de Baile e alí naceu a miña irmá Kimberly.

Cando tiña 16 anos conseguín un emprego nunha fábrica. No 1967 fun a Nova York, coñecín a Robert Mapplethorpe e no 1969 mudámonos ao Hotel Chelsea.

No ano 1974 gravei “Piss Factory”; no 1975 “Horses”. No 1979 deixei Nova York e fun a Detroit e tiven una preciosa oportunidade: casei con Fred “Sonic” Smith co que tiven dous fillos, Jackson e Jesse. No 1986 o meu amigo e pianista Richard Shol ven a Detroit e gravamos “Dream of life”, Robert Mapplethorpe tomou a foto da portada, ese foi o noso derradeiro traballo xuntos. No 1989 Robert Mapplethorpe morreu por complicacións da SIDA, no 1981 Richard Sohl morreu de reumatismo infeccioso. A finais de 1994 perdemos a Fred e o meu irmá Todd un mes despois. Enterreino na súa amada Detroit, baixo unhas vellas sinalizacións de barcos antigos. Converteuse para todos nós nun lugar de peregrinaxe, de recordo e de retorno”.

Escribía Castelao en xaneiro de 1935, dende o seu exilio en Badaxoz, ao seu compañeiro e amigo Don Ramón Otero Pedrayo, unha carta que comezaba con estas verbas:

Sr. Dn. Ramón Otero Pedrayo

Meu querido irmán: Que a túa felicidade non teña remate, que non amingüe a tua ledicia, que non che falle o xamón e o viño e o café e o cigarro, que chegues san a vello vedreiro e deas ô mundo un fillo do teu talento cada ano, que chegues a ver a nosa Terra en paz i-en gracia de Deus, que chegues a ver ledo e satisfeito a Risco, e canso de vivir entregues a i-alma ôs anxeliños cando xa non teñas nada que facer no mundo. Todo eso desexo eu para ti por seres o home máis compreto que pareu a nosa Terra.

Pois dende aquí, o mesmo lle desexamos a Patti Smith, aínda que o de “muller máis compreta” vai telo que compartir con moitas outras.

Outros recursos:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas