Biblioteca Concepción Arenal, Noticias e novidades, Varios

@ nas marxes. A fotografía da Farm Security Administration

nd1 Para despedírnonos do ano, quedamos o 27 de xaneiro do 2017 cunha nova obra: La fotografía del New Deal. USA 1935-1943 / Farm Security Administration ; Peter Walther. – Taschen, 2016.

nd2

Esther Bubley (1921-1998)

Gisèle Freund vennos a dicir que cada sociedade produce dalgún xeito unhas formas artísticas que veñen dadas da necesidade do momento, a temática das mesmas virán marcadas pola súa estrutura social e calquera variación da mesma influirá na elección do tema. Isto é o que aconteceu coa fotografía do New Deal: o momento da fotografía como documento, algo que xa se dera na historia da fotografía con fotógrafos como August Sander (1876-1964), Lewis Wickes Hine (1874-1940), Jacob August Riis (1849-1914) ou Nicolas Mullers (1913-2000), entre outros moitos, pero que na Gran Depresión a fotografía documento se institucionalizou e veu dada dende o poder; e para este caso tamén nos di Freund que a fotografía ten a capacidade de expresar as necesidades e desexos das capas dominantes e de interpretar ao seu xeito os acontecementos da vida social.

nd3

Jack Delano (1914-1997), Yale University

Durante a Gran Depresión o presidente Franklin D. Roosevelt e o seu secretario de agricultura Henry A. Wallace, crearon unha serie de programas e institucións co fin de contrarrestar os duros efectos humanos, ecolóxicos e sociais que estaban a padecer os Estados Unidos. Un destes proxectos foi a creación da Resettlement Administration (RA)(1935), mais tarde denominada a Farm Security Administration (FSA) (1937); o seu obxectivo era a recolocación das xentes mais afectadas pola miseria, a fame e os desastres ecolóxicos como o “dust bowl” ou a erosión das terras.

nd4

Gordon Parks (1912-2006)

Quen se atopaba detrás da FSA era o economista Rexford Tugwell quen crea unha sección histórica para documentar o proxecto poñendo á fronte a Roy Stryker, que resumía a situación do pais como unha visión de “the unpainted houses, unkempt yards, eroded fields, and social and environmental chaos that stretched itself along the roads”.
Roy Stryker era economista, pero consideraba que a fotografía ía ter algo que ver no proxecto da FSA, así que rodeouse dun equipo de grandes fotógrafos –que van indo e vindo durante a duración do mesmo – e serán os que deixen constancia da grande documentación visual da FSA. Os fondos mostran a construción dunhas imaxes que van mais alá do obvio e nos permiten rastrear substratos de sentimentos, empatía, estudo e denuncia por parte dos que se atoparon detrás da lente, dirá mais tarde Arthur Rothstein que o caso de Dorothea Lange era especial e que ninguén soubo sintetizar mellor que ela as migracións e os seus campos.

A obra que temos seleccionada, pensamos que nos leva a un percorrido non moi común da imaxe a que estamos habituados: os fondos na actualidade consérvanse na Library of Congress, logo de pasar por certos periplos, e seguen a ser unha documentación importante para outras creacións, como foi a obra de John Steinbeck “As uvas da ira“. Agardamos que a desfrutedes dabondo.

nd5

Marjory Collins (1912-1985)

Outros recursos de interese:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas