Acceso aberto, Bases de datos, Lexislación, Lexislación de Galicia, Noticias Xurídicas, Recursos web, Varios

Lex.gal, Dereito galego consolidado

lex

Nace Lex.gal, como ‘Portal Xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada’, unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade, e coa posibilidade de consulta de redacións anteriores.

É un proxecto desenvolvido conxuntamente polo Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Con esta ferramenta ábrese a toda a cidadanía a posibilidade de dispor, en rede e con contido permanentemente actualizado, dun acceso á versión consolidada, actualizada e en galego de todas as normas ditadas desde o ano 1981 pola nosa Comunidade.

As consultas deben facerse en galego xa que toda a normativa da base de datos está no noso idioma. Ten a posibilidade de busca por palabras, por rango, por número ou data de DOG…

Por outra banda, Lex.gal servirá como punto de acceso a distintos recursos xurídicos, preferentemente en lingua galega, xa dispoñibles na actualidade pero dispersos. Deste xeito, será a porta de entrada tanto a publicacións oficiais (Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial do Estado, boletíns provinciais, etc.), como a páxinas de diversas institucións que producen información xurídica de relevancia (CENDOJXurisprudencia constitucionalUnión EuropeaEUR-Lex).

O web ofrece tamén un bloque de novidades no que se irán publicando novas de interese relacionadas co dereito de Galicia, tanto lexislativas como xurisprudenciais, informes, etc.; útil para manter unha actualización permanente sobre o dereito propio.

Lex.gal vai ser, ademais, unha ferramenta viva e en permanente progreso. O obxectivo deste proxecto é ir ampliando os seus contidos con novos produtos como códigos sectoriais nos que se reunirán sistematizadas e ordenadas por sectores da actividade da administración ou das diversas ramas do dereito as principais normas vixentes comentadas e accesibles para a súa descarga gratuíta; ou o acceso á carta a través de diversos dispositivos electrónicos e móbiles aos diversos contidos do portal.

Fonte:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,744 visitas