Noticias e novidades, Varios

@ nas marxes. Biopolítica: un mapa conceptual

biopolitica_1A obra que imos ler para este mes de febreiro é “Biopolítica: Un mapa conceptual” de Laura Bazzicalupo, editado por Melusina e traducido e prologado por Daniel J. García López.

Laura Bazzicalupo é unha autora italiana que pertence á “Italian Theory” dentro dos estudos da filosofía política xunto a Giorgio Agamben, Roberto Esposito e Toni Negri; con esta obra vai tratar de rastrexar os autores que problematizaron a relación da vida coa política e a historia.

A súa xenealoxía ven prologa como dixemos por García López, que de pronto nos axuda a entender á autora e os antecedentes do termo, traballando a función do estado na produción e construción do suxeito e o interese en xestionar a masa social en categorías humanas en relación a unha función normativa e selectiva que leve a incluír ou excluír o que é digno de vida.

A través da obra podemos rastrexar as etapas dos estudos biopolíticos, pero tamén atender as prácticas biopolíticas reais e o seu amparo na norma xurídica e a súa cristalización no poder.
Non é unha lectura doada, pero si que nos axuda a situar un termo un tanto banalizado polos media e ser conscientes das sacudidas do biopoder e a biopolítica neste intre.

Sempre existiu o poder e o control, o caso é a mutación do mesmo. No momento actual utilízase o termo de biopolítica como un pequeno caixón onde entrarían cuestións tan fundamentais como o dereito á vida e á morte segundo o ditame do estado, ou ben nos podería servir para tratar algún dos acontecementos que se veñen dando nos últimos anos: neoliberalismo salvaxe, biotecnoloxía, a capacidade de represión a niveis de “bare life” en prisións como Guantánamo ou YAbu Ghraib, ou pola contra, a procura do noso benestar. Nas axendas políticas dos gobernos democráticos comeza a verse como unha forma racional de toma de decisión sobre a cidadanía, a cuestión é ver que se entende por esta a hora de organizar a súa enxeñería social (o Estado é quen de outorgar ou non a condición de suxeito nese engrenaxe).

Esta obra vainos a axudar a entender un termo que se converte en banal e borroso polos distintos usos do mesmo.

Outros recursos:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas