Ciencia política, Dereito constitucional, Varios

O Federalista

federalistaVen de publicarse pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación BBVA unha tradución de O Federalista, cun prólogo e amplo análise de Roberto L. Blanco Valdés (catedrático de Dereito Constitucional na USC) sobre importancia desta obra para o sistema constitucional de Estados Unidos. A tradución está a cargo de Ramón Máiz (catedrático de Ciencia Política na USC)  e Alfonso Mato (historiador e documentalista).

O Federalista, “The Federalist Papers”, é unha grande obra do pensamento político, na que quedou reflectido para a historia o militante compromiso de tres dos máis relevantes Founding Fathers dos Estados Unidos a prol do futuro da República Federal. Malia con importantes puntos de diverxencia entre si, as respectivas biografías dos tres grandes políticos que redactaron man a man unha das grandes achegas á historia do pensamento político contemporáneo, explican a súa actuación nun momento central da historia da nación americana que, coa Constitución xa redactada, estaba a piques de nacer.

O Federalista, publicado en 1788 en forma de libro, foi o resultado de xuntar nunha única obra o conxunto dos artigos xornalísticos que Alexander Hamilton, James Madison e John Jay -baixo o pseudónimo de Publius– publicaran en diversos diarios de Nova York entre outubro de 1787 e abril de 1788 en defensa da proposta de Constitución Federal dos Estados Unidos e co fin de favorecer a súa aprobación. A obra é iniciativa de Hamilton, que busca como colaboradores a outros dous notables políticos da época, Madison (que chegaría a ser Presidente dos Estados Unidos) e Jay (que acabaría sendo Gobernador do Estado de Nova York). A autoría de certos pasaxes, unha vez desvelado o nome dos seus autores, sigue sendo un misterio, pois o primeiro e o  segundo a disputaron en vida.

Neles non só ofrécese a análise máis seria do texto constituinte estadounidense, senón tamén a expresión filosófica máis ampliamente respectada do seu pensamento político no momento fundacional dos Estados Unidos, constituíndose como a obra de teoría política máis distinguida e influinte que se escribiu trala Declaración de Independencia en 1776.

federalist-hamilton-madison-jay

“The Federalist Papers” de Hamilton, Madison e Jay

A pretensión da obra non perdeu vixencia porque moitas das discusións que na actualidade vivimos sobre a construcción da Unión Europea non se distancian tanto das que sacudieron aos constituintes dos Estados Unidos: a conveniencia ou non de avanzar na integración comunitaria, sendo a alternativa á potenciación de mecanismos intergubernamentais. Esta cuestión, non é moi diferente á discusión que ten como eixo O Federalista, referida á necesidade ou non dunha Unión Federal e cómo deben articularse as suas institucións.

O Federalista / Alexander Hamilton, James Madison, John Jay ; prólogo Roberto L. Blanco Valdés ; tradución Ramón Máiz e Alfonso Mato
Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico : Fundación BBVA, 2017. 731 p. ; 24 cm
P5-438

Información recollida das lapelas da propia obra.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas