Cine e TV, Exposicións, Feminismo, Muller

8 de marzo de película

Dentro das actividades que estamos a desenvolver para conmemorar este 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, un día para lembrar a loita e para visibilizar o camiño percorrido e o que queda aínda por percorrer en todos os ámbitos da nosa sociedade, amosamos unhas cantas recomendacións de películas sobre a situación das mulleres no mundo e para sacar do ostracismo cinematográfico a todas esas mulleres valentes, intelixentes e estupendas que forman parte da nosa historia. Podes botarlle unha ollada tanto no vestíbulo da biblioteca coma no taboleiro de Pinterest elaborado. Como en anteriores ocasións, se o desexas, podes levalas en préstamo.whatsapp-image-2017-03-03-at-14-36-49 whatsapp-image-2017-03-03-at-14-36-50-2

O Día Internacional da Muller non é un día de celebracións nin de parabéns nin tampouco unha anécdota no calendario que nos permite ser visibilizadas unha vez ao ano. O 8 de marzo segue sendo un día para conmemorar a loita feminista e para recordar tamén as reivindicacións de todas aquelas que defenderon os dereitos das mulleres desde hai séculos.

O 8 de marzo é un día para lembrar a Olympe de Gouges e Mary Wollstonecraft, a Christine de Pisan e a Émilie du Châtelet, a Sojourner Truth e Emmeline Pankhurst, a Rita Mae Brown, Emma Goldman e Bell Hooks… ás Abadesas de Sobrado de Trives, mulleres no exercicio do poder público, social e económico na Galicia medieval, a Emilia Pardo Bazán, que viviu e loitou como muller nun mundo de homes, ou a excepcional intelectual Concepción Arenal, da que temos a honra que levar o seu nome. Ás sufraxistas que acadaron o dereito a votar; a todas as mulleres anónimas que traballan cada día por un mundo máis xusto, igualitario e libre de violencia para as mulleres; ás supervivintes de violencia machista e ás que non o conseguiron…cartel-8-de-marzo-2017

Visibilizar as vidas das mulleres no cine, e nos medios de comunicación en xeral, é esencial para contrarrestar o discurso patriarcal dominante e romper co predominio do protagonismo masculino nas pantallas (aproximadamente o 90% das películas están protagonizadas por homes). Se a isto engadimos o aumento da representación de mulleres que non se correspondan cos estereotipos tradicionais que perpetúan a desigualdade e a discriminación e a creación de novos modelos de socialización de xénero, estaremos avanzando cara unha nova cinematografía afastada da típica mirada androcéntrica que non infrarrepresente nin oculte nin desvalorice ás mulleres.

Por iso, para seguir conmemorando o traballo feito, para seguir denunciando que aínda hai múltiples desigualdades e violencias, e para visibilizar o papel das mulleres que protagonizan as súas propias vidas de forma independente e que loitan por un mundo mellor, queremos recomendar algunhas películas do fondo da biblioteca para que axuden á reflexión sobre a situación das mulleres no mundo.

Texto baseado en 70 películas sobre la situación de la mujer en el mundo 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas