Ciencia política, Novidades bibiográficas, Varios

América

América. Manuel Vilas. Círculo de Tiza, 2017.

Xa temos incorporada aos fondos da biblioteca «América», última obra de Manuel Vilas recén editada por Círculo de Tiza, 2017.

Magnética a crónica de «América», resultado dunha viaxe e dun soño. Un relato asombrado pola inmensidade dunha nación, os Estados Unidos, que ten as proporcións dun planeta enteiro no que cabe todo. «América» é a representación dun espazo mítico; contraditorio, fermoso e sempre excesivo. A viaxe de Manuel Vilas por este espazo é unha deriva sentimental e alucinada por cidades ás que non vai ninguén ou ás que vai todo o mundo, moteles pantasma, autoestradas infinitas. E é tamén unha viaxe da memoria polo que desfilan cantantes de rock, escritores, artistas, iconas do Pop, vellas glorias esquecidas ou os Simpson como metáfora da nova American Way of Life.

Estados Unidos é un país tan alleo e tan descoñecido para nós como a meseta do Tíbet. Non hai país do que recibamos máis información, sobre o que vexamos máis películas, máis libros, máis series de televisión que abranguen todos os aspectos posibles da vida, desde as conspiracións políticas da Casa Branca ata os negocios dos narcotraficantes ou as intimidades dos vampiros e dos zombis. As nosas cidades están cheas de franquicias de comida americana. Nos nosos anuncios, e nunha parte da nosa literatura, a xente fala xa nunha prosa de dobraxe de película americana. Canta máis proximidade, maior é a ignorancia.

A mirada poética de Manuel Vilas guía ao lector polas páxinas de «América» debuxando un país imaxinado e descoñecido, no que a soedade convive co desexo dun paradiso nunca acadado e que anticipa a chegada ao poder dun personaxe tan irreal como o seu novo presidente Donald Trump. Porque ninguén sabe cara a onde camiñan os Estados Unidos, porque ninguén sabe cara a onde camiña a vida política na Terra.

Información recollida das lapelas da propia obra e recensión baseada na interesante crítica En el continente perdido, que fai da obra Antonio Muñoz Molina, en Babelia.

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,486 visitas