Muller

@ nas marxes. Mujeres y comunicación

Reunímonos de novo para o 31 de marzo, e adicámoslle a nosa lectura ao mundo da muller en relación cos medios de comunicación, non podería ser doutro xeito; o traballo que escollemos “Mujeres y comunicación” é en parte o resultado do Curso de Verano de El Escorial que foi adicado a este tema, á Muller e os Media.

O propósito do mesmo foi reivindicar a necesidade da perspectiva feminista na investigación e docencia nas aulas de Ciencias de Comunicación, xa que como nos dí Isabel Tajahuerce, unha das responsables desta obra colectiva, “os medios de comunicación son esenciais na construción dunha cultura da igualdade, polo que  a formación das e dos profesionais dende unha perspectiva de xénero é imprescindible se se quere evitar a difusión de estereotipos e prexuízos sexistas”(…) e porque ademais é “imposible contar o que non se sabe, aquilo que xamais foi lido, ou que nunca se mirou, e moito menos o que non foi visto dende un ollar diferente. Non se pode transmitir ao resto da sociedade o que se ignora”.

Os medios expóñense non só como reprodutores do discurso dominante, e polo tanto un brazo na lexitimación do poder, senón que a maiores a cousa vai mais alá como construtores dunha realidade onde a muller supera con creces os esterotipos patriarcais tradicionais, levándonos se cabe a un mundo distópico, onde a muller se converte nun obxecto “hialurónico” manexable dentro do capitalismo cognitivo actual.

Frear esta mensaxe e os seus impactos nas vidas das mulleres e outros colectivos, precisa de reforzar outras miradas identitarias e para elo se require dunha contrainformación que leve a mostrar contextos e discursos hoxe en día inexistentes nos media.

Deste xeito atoparemos na obra, dende un percorrido pola historia das xornalistas no estado ata o tratamento de colectivos como as xitanas ou as indíxenas en latinoamérica.

Só nos queda dicir dende aquí, que se converte nunha obra altamente recomendable. Boa lectura!

Outros recursos:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,249 visitas