Biblioteca Concepción Arenal

@ nas marxes. El tiempo del sapo

Para este mes de Abril, a obra que temos selecionada n@s Marxes é El tiempo del sapo, de Dalthon Trumbo ; edición a cargo de Breixo Viejo. – Barcelona :  ARTEFAKTE, 2012. Coma sempre, reunirémonos para falar da obra o vindeiro 28 de Abril as 19.00 na Biblioteca Concepción Arenal.

É ou foi vostede membro do partido comunista ou dalgunha das súas organizacións?

Esta famosa pregunta, realizouse durante os anos 1938-1947 nos Estados Unidos baixo a administración de Harry Truman na famosa Comisión Mc Carthy e que xa fora en parte ensaiada na sua predecesora, a Comisión de Actividades Antiamericanas (1938); o seus obxectivos non eran outros que acabar co New Deal de Franklin D. Roosevelt, limpar de “subversión” o liberalismo americano, aniquilar a liberdade de expresión e dar comezo ideolóxico á Guerra Fría.

Tratouse do que se deu en chamar  a Caza de Bruxas, entendida como unha auténtica persecución contra toda ideoloxía contraria ao poder e que principalmente afectou ao ámbito da cultura e da investigación, na posteguerra norteamericana, espello e exemplo noutros países occidentais.

O eixe forte que avalou as actividades do Comité e os seus efectos foi a Doutrina Truman; en realidade, tratouse dun xiro na política exterior norteamericana, ideada para conter e frear a expansión xeopolítica soviética durante a Guerra Fría. Esta foi anunciada por vez primeira ao Congreso polo Presidente Harry S. Truman o 12 de marzo de 1947  e desenvolvido posteriormente o 12 de xullo de 1948, cando se comprometeu a conter as ameazas soviéticas a Grecia e Turquía, mediante a axuda económica e militar aos países ameazados polo comunismo soviético.

A obra escollida, El tiempo del sapo de Dalton Trumbo, foi unha peza escrita no momento en que o Comité de actividades antimaericanas  fai pública a lista dos Dez de Hollywood -persoeiros do mundo do cine que serán condenados con cárcere e inhabilitados no mundo das ideas-, cabe salientar que a lista foi refrendada e lexitimada ante a opinión pública unha vez que os directivos das grandes produtoras de cine norteamericano publican o Manifesto Walford 1947 (Waldorfd Statement).

Os “Dez de Hollywood”

El tiempo del sapo, é un alegato aberto e claro contra as actividades depuradoras do Comité, no que o seu autor intenta desmantelar a súa lexitimación feita en base á apropiación por parte do poder de termos tan sensibles como liberdade, democracia ou constitucionalismo; ao tempo que se converte, coa nosa lectura no presente, nunha sorte de documento histórico que nos traslada a un ambiente do que temos moito de aprender e analizar.

A ferramenta que Trumbo nos aporta sen dúbida é aprender a facer públicas as nosas ideas a través dun medio ben sinxelo: o panfleto; forma audaz  e contundente no que o proceso de autoedición da cidadanía pode ser entendida como rebelión.

Dicir que o texto, sae a rúa no ano 1949 realmente cunha intención práctica: recabar fondos e poder facer fronte á defensa dos dez de Hollywood ante o Tribunal Supremo, algo que non puido ser, xa que os procesados tiveron que cumprir a súa condena e logo un duro ostracismo, neste caso dentro do mundo do cine, como foi o caso de Trumbo, que sobreviviu, igual que outros traballando na sombra –moi ben recollida na película de The front (1976) de Martin Ritt.

“The front” (1976) de Martin Ritt

En realidade a purga realizada pola Comisión supuxo que no mundo intelectual norteamericano dos anos 50 se fraguara un pseudofascismo con selo propio exportable ao longo dos sesenta e setenta aos veciños do Sur.

Dalton Trumbo, utiliza nesta obra a táctica do que Jacques Vergès denominou como “defensa de ruptura”. Defensa na que descontrúe o Comité  McCarthy e todos os seus subestratos: razismo, totalitarismo, ignorancia, etc.

A defensa da liberdade de expresión é clave para Trumbo, que ao longo das páxinas da obra vai retomando ideas de Voltaire, Rousseau ou da escola da Teoría Crítica alemá:

O dereito para expresar ideas -boas, malas, perversas, disparatadas, imposibles- é o dereito máis prezado que pode ter un individuo. O interesante é que, no curso de asegurarllo a si mesmo, debe, inevitablemente garantirllo ao seu inimigo. Doutro xeito non habería liberdade para ningún dos dous.”

Esta sesión non sería posible sen a axuda e colaboración de Carlos Rodríguez López  e Elisa González García.

Outros recursos recursos:

 

 

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas