Biblioteca Concepción Arenal

A Biblioteca en cifras 2016

Preme na imaxe para vela ampliadaUn ano máis presentamos A Biblioteca en cifras 2016, unha especie de memoria anual na que facemos un Resumo dos datos máis salientables do 2016: Materiais más prestados, orzamento, préstamo de ordenadores, servizos 2.0…

Ademais de aportar os datos necesarios para o seguimiento nos cinco últimos anos, saliéntase a actividade realizada cos recursos dispoñibles, indicando a evolución dos mesmos, o que nos permite o establecemento de novos obxectivos, co fin de adecuar o Servizo ás necesidades das facultades que atendemos e da comunidade universitaria en xeral e, en especial ao Espazo Europeo de Educación Superior, no que nos atopamos xa inmersos.

A pesares dos atrancos, sobre todo económicos, destes últimos anos, a Biblioteca ten que seguir ofrecendo un servizo de calidade, e adaptándose sen demora aos novos retos que supón a converxencia europea para as universidades.

Esta “Memoria 2016” permite coñecer a realidade da Biblioteca, tanto de forma cualitativa como cuantitativa, e permite compararnos cos do resto das bibliotecas universitarias, grazas ao cal dispoñemos do recurso necesario para que a nosa análise se realice dentro dunha contorna xeral, o que enriquece enormemente a información ofrecida.

Os Servizos

Preme na imaxe para vela ampliadaConsiderando o número de alumnado de grao, terceiro ciclo e títulos propios para o ano 2016, con TUI activa nos tres graos, contamos con 4,20 m² por usuario, cifra que nos sitúa entre as mellores relacións das bibliotecas universitarias españolas.

Evidentemente, o alumnado que acode ás nosas instalacións pertence a todas as titulacións da USC, e incluso do resto do sistema universitario de Galicia. Isto permite que as salas de lectura da biblioteca continúen a ser das máis utilizadas da BUSC, con 1.052 postos de lectura en total, que se poden utilizar durante 352 días de apertura anual.

Orzamento

Preme na imaxe para vela ampliadaO orzamento global da biblioteca para adquisición de documentos (libros, revistas, DVDs,..)  situouse en torno aos 123.000 €. Estable durante os tres últimos anos o presuposto asignado pola USC para este tipo de adquisicións, hai un descenso en torno aos 16.000 € con respecto aos anos anteriores á crise.

Aínda así, houbo menos aportacións con respecto ao ano pasado: duns 10.000 € nas adquisicións das publicacións periódicas, fundamentalmente e pola cancelación de revistas non usadas; e pola merma nas aportacións de Departamentos e Grupos de investigación para a compra de material bibliográfico

Préstamo

Significativo é o descenso no número de operacións de préstamo de documentos, que se situou en 43.813,  3.500 menos que no ano 2015, continuando así unha tendencia iniciada en 2013 (49.380 préstamos), probablemente ligado á plena implantación da metodoloxía do Espazo Europeo de Educación Superior, que demanda menos manuais para superar as distintas asignaturas; precisamente o tipo de material onde se ten producido un maior descenso de préstamos. Tamén diminuiu o préstamo de portátiles (en torno a 1.000), probablemente ligado a que contamos con 3 unidades menos que no 2013, por sucesivas averías, e non repostos por falta de orzamento.

Formación

Ao longo do ano a Biblioteca continuou co calendario de formación para alumnado de primeiro curso de Grao en Dereito, Políticas e Relacións Laborais. Contamos coa colaboración dos Decanatos das tres titulacións así como dos profesores responsables de Grao que nos ceden as súas horas de clase para impartir estas formacións e motivan ao alumnado para que asistan.

Tamén se impartiu formación máis especializada en busca documental para alumnado de doutoramento e do título propio de Criminoloxía.

Nste ano 2016 os cursos impartidos foron 19, aos que asistiron un total de 532 persoas. A Biblioteca participou igualmente, como cada ano, na Xornada de acollida que os Decanatos organizan para o novo alumnado na que, a través dunha amena presentación, puideron coñecer as nosas instalacións, colecións e servizos.

Redes sociais

Preme na imaxe para vela ampliadaContinuouse coa consolidación da presenza nas redes sociais: blog Fonte Limpa, Facebook ( máis de 3000 fans), Issuu, ou Pinterest, o noso recurso para difundir as novidades bibliográficas, con máis de 6.000 pines.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas