Linguaxe xurídica

Libro de estilo de la justicia

 

C_LibroDeLaJusticia.indd

«Un lenguaje jurídico que no entienda la ciudadanía difícilmente puede considerarse democrático», dixo Carlos Lesmes, presidente do Tribunal Supremo e do Consejo General del Poder Judicial, na presentación do Libro de estilo de la Justicia.

O Libro de estilo de la justicia foi concibido co propósito de contribuír ao bo uso da linguaxe en todos os ámbitos onde o dereito se crea e aplica. A obra é froito do acordo establecido en 2014 entre o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) e a Real Academia Española (RAE) para a preparación de textos destinados a mellorar a claridade da linguaxe xurídica.

Está dirixida polo secretario da RAE e catedrático de Dereito Administrativo, Santiago Muñoz Machado e complementa o Diccionario del español jurídico (DEJ), publicado en 2016, e do que tamén se presenta a súa nova edición electrónica, de consulta libre.

Na presentación do libro, o director da RAE, Darío Villanueva, lembrou a considerable presenza de xuristas no seo da institución desde os seus inicios, en 1713. Entre outras obras relacionadas co dereito, Darío Villanueva mencionou a edición académica do Fuero Juzgo, publicada pola RAE en 1815 e reeditada despois en versión facsimilar en 1971.

En opinión do director da obra, Santiago Muñoz Machado, «como los problemas de uso de la lengua con que se enfrentan los legisladores y las Administraciones públicas no son muy diferentes, el Libro de estilo de la Justicia se ha propuesto ser útil a todos  los operadores jurídicos, cualquiera que sea el poder del Estado al que pertenezcan o con el que se relacionen».

Unha boa parte da obra, estruturada en tres bloques, está dedicada a tentar corrixir os malos usos e equivocacións correntes na organización dos parágrafos, a utilización do xénero, o número, os latinismos ou o réxime das concordancias, á vez que se alerta sobre os erros de construción ou anacolutos. Aparecen, unhas tras outras, as regras xerais, pero sempre considerando as súas aplicacións e particularidades na linguaxe xurídica. Están tratados os problemas semánticos, de significado e sentido; lembradas as regras de acentuación gráfica, as concernentes á unión e separación de palabras, o uso da puntuación e das maiúsculas, e a ortografía das expresións numéricas, entre outras moitas cuestións. Péchase esta parte cun capítulo sobre ortotipografía.

Algúns exemplos:

No uso de minúsculas/maiúsculas:

Os nomes das leis comenzan por maiúsculas, pero non os seus nomes descritivos: “la ley de extranjería establece…”, pero  ” El artículo 3 de la Ley Orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre Derechos y Libertades de los Extranjeros en España y su Integración Social…

Ou nos nomes das distintas áreas do dereito que irán en minúsculas se falamos en xenérico, pero en maiúsculas se o facemos referíndonos a materias de estudo nun contexto académico : “…el especialista en derecho penal..”, pero  “…el profesor de Derecho Penal…”

Ademais, o Libro de estilo inclúe un amplo vocabulario, con información normativa sobre o uso correcto das palabras.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s