Biblioteca Concepción Arenal, Ciencia política, Literatura

@ nas marxes. El pueblo sin atributos

Para este mes de Maio, a obra que escollemos n@s Marxes é El pueblo sin atributos: la secreta revolución del neoliberalismo de Wendy Brown, traducida por Victor Altamiro e editada por MalPaso* e quedamos para falar dela na biblioteca o vindeiro 2 de xuño.

Presentar esta obra é en si un labor difícil, pero tentaremos animarvos á súa lectura mediante algunhas claves.

Se tiveramos que sintetizar a obra e o pouso que nos queda dela, diremos que se centra no estudo da democracia e o seu proceso de economización da mesma en todos os seus ámbitos, dando como resultado o paso da “Demos” á “Devos“.

Seguir este proceso de economización e simulación imposta polo mercado leva á nosa autora a rastrexar as distintas aceptacións e adaptacións dos usos socias do termo e concepto de neoliberalismo, e identifícao como un ente que conta cunha grande capacidade adaptativa e de supervivencia que pode ser visto como unha reacción ao keynesianismo nunha parte do planeta, ou unha reacción ao estado do benestar noutras o ben, grosso modo, como o mercado en libre acampada deixando ao Estado e o poder do pobo fóra da escena e sen papel a escoller nesta representación, canto menos cada dia mais esperpéntica e distorsionada. O único papel que lle deixa, a día de hoxe, é a defensa e a seguridade nacional, contra os propios inimigos do sistema ou ben na procura de novos botíns.

Metróplis (1927) / Friz Lang

Wendy Brown fai á súa vez un percorrido polos distintos teóricos que foron analizando e configurando o tema dende a segunda metade do século pasado e así nos dá as visións da economía marxista, do nacemento da biopolítica e mesmo o laboratorio dos Chicago Boys. Todo isto permítelle presentarnos unha instantánea de como é o impacto do mercado no corpo social e así na democracia; o resultado é a transformación do home a imaxe e semellanza do mercado, o homo economicus, no que a competitividade, o valor e as regras financeiras van quedando embebidas no seu ADN molecular.

Nas propias palabras da autora, isto conleva á desvalorización da persoa dentro das regras bursátiles, e o “Demos” pasa a ser “Devos” e a democracia como nai da economía capitalista queda ferida de morte e perde os seus trazos claves de autogoberno, igualdade e fraternidade e a imaxe que nos devolve e reflicte vai ser a de desgoberno, desigualdade e acumulación de poder.

Outra das claves que vemos é que a democracia non é vista como un ente pechado e perfecto, senón como unha idea e utopía a alcanzar e que na nosa historia sempre veu acompañada de friccións, pero que dalgún xeito ía deixando espazo para a súa ampliación ou ben, segundo os críticos, unha ilusión óptica de ampliación.

Temos que dicir que a obra rexeita  como proxectos sustentables e estables outras accións e pensamentos como o goberno dos comúns ou a democracia radical, algo que se percibe como unha análise dende a ciencia política americana liberal e que dende Europa Slavoj Žižek vería como unha nova presentación da terceira vía finesecular.

A autora remata analizando o concepto de modernidade e o tema das tecnoloxías da información e a comunicación, que veñen neste momento a actuar como cápsula ou pátina que verniza todo acontecemento dándonos un efecto óptico e sensorio de benestar, cun importante efecto colateral que é unha ruptura maior da “Demos” levándonos a unha sociedade cada vez máis atomizada e ferida.

 

Outros recursos:

* Para entendermos o que acontece con MalPaso, recomendamos: Brémond, Jainne. Las redes ocultas de la edición / Janine y Greg Brémond. — Madrid : Editorial Popular, D.L. 2002

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,290 visitas