Varios

@ nas marxes. Democracia de la abolición

Para a última sesión do ano no que andamos quedamos o venres 15 de Decembro 2017 na Biblioteca Concepción Arenal ás 19.00h. E a obra que imos ler é: Davis, Angela Y., e Eduardo Mendieta. Democracia de la abolición : prisiones, racismo y violencia. Madrid: Trotta, 2016.

Convén  presentar a Angela Davis como unha das intelectuais e activistas  mais importantes da contemporaneidade, loitadora pola xustiza social, especialmente pola xustiza racial, o movemento afroamericano e a loita feminista. E é a ela a quen lle adicamos esta lectura, que non quita que co tempo escollamos outra obra da súa órbita espacial.

Non podemos falar aquí de toda a súa biografía política, pero para o tema que tratamos nesta lectura convén lembrar algúns feitos, moi vencellados á súa vida:

  • Nace en Alabama o 26 de xaneiro do 1944, e vive no “dynamite hill”, barrio estrela dos supremacistas brancos, polo que Angela Davis sempre falará de ser coñecedora do crime.
  • Angela estuda nunha escola segregada, pero a súa brillantez académica conséguelle unha bolsa coa que se traslada a Nova York para cursar a secundaria nun instituto mixto. Fai o seu bacharelato no Elisabeth Irvin High School de Nova York.
  • Estudará en Francia coñecendo de cerca as loitas anticoloniais de Arxel (ao igual
  • En París sabe do asasinato das súas compañeiras de infancia Denise McNair, Addie Mae Collins, Carole Robertson e Cynthia Wesley. Estes asasinatos foron un forte golpe en toda a comunidade afroamericana (Nina Simone, compón Mississippi Goddam), e fai que Angela Davis  decida en parte voltar ao seu país para loitar polos dereitos raciais.
  • Nos Estados Unidos vincúlase aos Soledad Brothers, ao Partido Comunista e a o Che-Lumumba Club (sección do partido dedicada a loita racial).
  • Angela Davis, vinculada ao caso de Soledad Brothers, sofre prisión no cárcere de máxima seguridade: “Marin County Jail”.
  • En 1972, Davis foi condenada a morte pola suposta participación nun tiroteo que se saldou con varias vitimas mortais. Finalmente, foi indultada grazas a unha intensa campaña internacional pola súa liberdade.

É no cárcere onde traballa a obra de DuDois, o seu mestre que consideraba que a abolición da escravitude mediante a Decimoterceira emenda fracasou ao continuar coa instauración das Leis de Jim Crow e a segregación espacial. Davis dará continuidade a esa errada abolición co seu estudo do sistema da “pena” en EE.UU. e a nivel transnacional no actual neoliberalismo.

A partir de aquí, proponse  nesta obra estudar de forma crítica o que ela considera un dos maiores problemas para a xustiza social da humanidade. O complexo industrial das prisións.

[The Chain gand] fot. de Carl Weis, 1898 na Library of Congress

Pensa que lonxe de desaparecer como sistema instaurado pola orde capitalista burguesa (que considera o  encarceramento alternativa ao castigo corporal e a pena de morte), este exténdese a nivel transnacional como o fai o capitalismo financeiro e a industria militar. Estes dous últimos sistemas, son os que implantan un férreo modelo que conleva a marxinación e o encarceramento daqueles grupos socias considerados marxinais para este modelo político, reportando grandes beneficios para toda industria e servizo subsidiario.

Animamos á súa lectura como obra que pode axudar a repensar e crear alternativas abolicionistas, nos reformistas, o sistema actual das prisións no planeta.

O abolicionismo da prisión para Davis supón unha tripla abolición: abolición da pena de morte, a abolición do complexo-industrial-penitenciario e a abolición de todos os rastros da escravitude, considerada esta última un sedimento no que a estrutura penitenciaria se enraíza

Charleston Jail, 1933. Library of Congress

Texto que en palabras de Mendieta: “ocupa un lugar prominente en ese género único de las letras afroamericanas, el género narrativo de la opresión, la violencia y la deshumanización racial que sufrieron y siguen sufriendo los negros en Estados Unidos, aun transcurrido más de siglo y medio  de la abolición de la esclavitud, y más de medio siglo de la proclamación de los derechos civiles de todos los negros”.

Outros recursos:

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 13,355 visitas
Advertisements