Feminismo, Muller, Varios

@ nas marxes. Residente privilexiada

Para a sesión de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a obra que imos ler é Residente privilexiada, de María Casares ; tradución de Ana Belén Martínez Delgado. — Iñás, Oleiros (A Coruña) : Trifolium, 2009. O traballo, a medio camiño entre catarse e procura da identidade, é obra de obriga.

María Victoria Casares Pérez (A Coruña 1922 – Francia 1996) actriz galega, filla de Santiago Casares Quiroga -avogado, político e home forte de Estado durante a II República- e de Gloria Pérez Corrales -obreira e filla da Fábrica de Tabacos da Coruña. (Ben podería tratarse de novo da posta en escea e xestación de tempos políticos dos que foran os personaxes que Dona Emilia Pardo Bazán argumentara en La Tribuna a través de Amparo, a cigarreira e o burgués Baltasar).

Gloria Pérez Corrales

María Casares, Casarés para os franceses, é a autora da obra “Residente privilexiada”, un traballo solicitado polo editor de Fayard en París Bernard Clesca. Rexeitado a primeira vez, acepta a súa escritura logo de vir a España e reencontrase con ela no ano 1976. Sabemos polas súas testemuñas, que en parte decide enfrontarse á obra como introspección, procura e intentar ver que é o que pode atopar no que fora unha imaxe, que como ela nos di: “fixa de fotografía” “inmutable” “precisa” “con todas as súas cores e detalle” que é a da súa infancia entre A Coruña, Montrove e Madrid. Con esta obra, María Casares busca lembrar, atopar un sentido a vida e ademais non quedar silenciada.

A primeira edición da mesma é do ano 1980. Résidente privilégiée. Paris, Fayard. O resultado é un libro de múltiples lecturas, por ser sincero, persoal, de gran riqueza na palabra e no sentimento; este foi tomado principalmente como texto de referencia no estudo da República, o exilio e nalgunhas ocasión para afondar sobre o lado persoal do seu pai Casares Quiroga e o compañeiro e amante Albert Camus; pero curiosamente non se fixo demasiado estudo sobre a obra literaria en si de María Casares como muller, salvo quizais a recensión que no seu momento, e recen saída do prelo, lle fixera Alejo Carpentier en La Vanguardia.

A autora foi unha nena burguesa da Galicia de principios do século XX, que contou cunha formación exquisita, propiciada polo seu pai e que seguiu sendo así no seu exilio en París; pero que debido á barbarie da Guerra civil española primeiro e despois á Guerra mundial e á ocupación nazi de Francia, veuse na obriga de ser unha muller de seu, forte e sempre desdobrada polas rupturas persoais e familiares (non podemos esquecer á súa irmá Esther Casares, apestada na Coruña, despois do levantamento e incautación dos bens da familia).

María Casares, probablemente co Teatro Nacional Popular (TNP) de Jean Vilar

Aínda que sempre se sentiu tímida e sen gañas de mostrase ao mundo, o teatro, as fortes crises persoais e sentimentais que lle vai servindo a vida, fixeron que María Casares pasara a ser unha persoa vencellada aos acontecementos do mundo en case primeira liña. Achegada aos exiliados republicanos en Francia e, mais tarde, aos emigrantes, aos que sen dúbida se sinte unida, fai que se volva intérprete e dramaturga dos mesmos. Acollida pola intelectualidade francesa primeiro e despois polos exiliados de Bos Aires con persoas tan senlleiras como Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane, Rafael Dieste, Antonio Baltar, Virxinia Castelao, entre moitos, fai que lle confese a Joaquín Soler Serrano na entrevista que lle concedeu no seu programa A fondo: o grande agarimo que atopou en Arxentina e o que a ela lle supuxo tanto a nivel persoal e afectivo como profesional, no mundo do teatro, onde atopa un novo xeito de expresarse.

María Casares foi sen dubidalo unha muller exemplar para unha época e que, en parte, fixo que se convertera en suxeito do imaxinario colectivo do exilio republicano, ao estar cargada de memoria ferida, como tanta e tanta outra xente que se veu na obriga de ter que aceptar o exilio e a diáspora como forma de vida. Pese a que na entrevista que lle fai Soler Serrano, fala dunha amnesia selectiva na súa vida, para nos convertese a través desta obra nunha testemuña que nos deixa cunha escrita sempre amable a descrición da súa infancia e vida en París.

Galicia dende 1997 réndelle homenaxe a actriz que foi a través dos Premios de Teatro María Casares establecidos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia como obxectivo de promocionar o teatro feito en galego.

Outros recursos

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 13,708 visitas
Advertisements