Biblioteca Concepción Arenal, Varios

A Biblioteca en cifras 2017

Un ano máis presentamos A Biblioteca en cifras 2017, unha especie de memoria anual na que facemos un Resumo dos datos máis salientables do ano 2017: Materiais más prestados, orzamento, préstamo de ordenadores, servizos 2.0 e outras actividades desenvolvidas ao longo do ano.

Ademais de aportar os datos necesarios para o seguimiento nos cinco últimos anos, saliéntase a actividade realizada cos recursos dispoñibles, indicando a evolución dos mesmos, o que nos permite o establecemento de novos obxectivos, co fin de adecuar o Servizo ás necesidades das facultades que atendemos e da comunidade universitaria en xeral e, en especial ao Espazo Europeo de Educación Superior, no que nos atopamos xa inmersos.

A pesares dos atrancos, sobre todo económicos, destes últimos anos, a Biblioteca sigueu ofrecendo un servizo de calidade, e adaptándose sen demora aos novos retos que supón a converxencia europea para as universidades.

Esta “Memoria 2017” permite coñecer a realidade da Biblioteca, tanto de forma cualitativa como cuantitativa, e permite compararnos cos do resto das bibliotecas universitarias, grazas ao cal dispoñemos do recurso necesario para que a nosa análise se realice dentro dunha contorna xeral, o que enriquece enormemente a información ofrecida.

Os Servizos

Considerando o número de alumnado de grao, terceiro ciclo e títulos propios para o ano 2017, con TUI activa nos tres graos, contamos con 4,20 m² por usuario, cifra que nos sitúa entre as mellores relacións das bibliotecas universitarias españolas.

Evidentemente, o alumnado que acode ás nosas instalacións pertence a todas as titulacións da USC, e incluso do resto do sistema universitario de Galicia. Isto permite que as salas de lectura da biblioteca continúen a ser das máis utilizadas da BUSC, con 1.052 postos de lectura en total, que se poden utilizar durante 352 días de apertura anual.

Orzamento

O orzamento global da biblioteca para adquisición de documentos (libros, revistas, DVDs,..)  situouse en torno aos 158.000 €., sendo o maior dos últimos 5 anos, cun aumento significativo  tanto na aportación centralizada da Vicerreitoría de Investigación como dos centros e proxectos de investigación

Despois do retroceso destes anos é significativo o aumento de máis de 15.000 euros para a adquisicións de publicacións periódicas rachando así a tendencia dos últimos anos

Formación

Ao longo do ano a Biblioteca continuou co calendario de formación para alumnado de primeiro curso de Grao en Dereito, Políticas e Relacións Laborais. Contamos coa colaboración dos Decanatos das tres titulacións así como dos profesores responsables de Grao que nos ceden as súas horas de clase para impartir estas formacións e motivan ao alumnado para que asistan.

Tamén se impartiu formación máis especializada en busca documental para alumnado de doutoramento en dereito e do título propio de Criminoloxía.

Neste ano 2017 os cursos impartidos foron 17, aos que asistiron un total de 512 persoas. A Biblioteca participou igualmente, como cada ano, na Xornada de acollida que os Decanatos organizan para o novo alumnado na que, a través dunha amena presentación, puideron coñecer as nosas instalacións, colecións e servizos.

Redes sociais

Continuouse coa consolidación da presenza nas redes sociais: blog Fonte Limpa, Facebook ( máis de 3400 fans), Issuu, ou Pinterest, o noso recurso para difundir as novidades bibliográficas, con máis de 8.700 pines.

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 13.763 visitas
Advertisements