Biblioteca Concepción Arenal, Feminismo, Literatura, Muller, Novidades bibiográficas, Personaxes

Concepción Arenal, la caminante y su sombra

Ven de publicarse unha biografía escrita por Anna Caballé que nos achega maxistralmente á figura de Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893), unha biografía que rescata o valor da obra dunha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX. A obra xa figura nos fondos da biblioteca coa signatura A6-535

O volume, que saiu á venda este mes, é tamén o primeiro da colección Españoles eminentes, que suma en total oito títulos, que se dedica a unha muller. A editorial Taurus ofrece agora  unha nova oportunidade para achegarse á vida da autora cunha biografía á que a crítica literaria Anna Caballé dedicou catro anos nos que puido, malia a escasa e dispersa documentación existente, desmontar algúns mitos e redondear o primeiro estudo completo, desde as súas orixes ata a súa vellez e morte, dunha autodidacta que non deu tregua á vida.

Dunha intelixencia fóra do común, Concepción Arenal foi a pensadora española máis importante, orixinal e adiantada ao seu tempo do século XIX, e a de maior proxección internacional. Dedicou a súa vida á defensa da muller, a reforma penal e a causa obreira. Esta biografía reconstrúe por primeira vez a súa traxectoria vital, as súas aspiracións e os seus acertos.

A súa biografía poderíase dividir en dúas épocas moi marcadas: unha mocidade nerviosa, sensible e arrogante, con dificultades para atopar o equilibrio entre a razón e o temperamento, e unha madurez onde a escritora, pensadora e activista atreveríase a grandes cousas. O seu matrimonio axudouna a canalizar o seu extraordinario vitalismo, pero a morte temprana do seu marido potenciou as sombras que viaxaban con ela: un íntimo sentimento de desdicha que Arenal proxectaría no mundo que a rodeaba. Con todo, iso non menoscabou a súa defensa dos máis necesitados e as súas ansias de mellorar a sociedade, o que a levou ao límite das súas forzas. Poucos a escoitaron, e menos aínda a leron. Con todo, a súa voz, que ela percibía perdida no deserto, estéril, foi a máis poderosa do seu século.

Queda cos datos: https://goo.gl/fj1WzZ

Morán Breña, Carmen (4 sept. 2018). El dolor de pensar en España. El País [consultado 22 sept. 2018]

Advertisements

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 14.121 visitas
Advertisements