Biblioteca Concepción Arenal, Varios

A Biblioteca en cifras 2018

A Biblioteca en cifras 2018, publícase un ano máis para resumir os datos máis salientables da actividade da biblioteca no 2018. Este documento permítenos establecer novos obxectivos e adecuar o Servizo ás necesidades das facultades que atendemos e da comunidade universitaria en xeral. Amosa a realidade da Biblioteca, tanto cualitativa como cuantitativamente, e ao mesmo tempo vemos a súa evolución durante os últimos tres e cinco anos.

Resumimos a continuación os aspectos máis salientables do ano 2018.

Orzamento

O orzamento global da biblioteca para adquisición de documentos (libros, revistas, DVD,..) foi lixeiramente máis baixo que o exercicio anterior. É significativo o aumento en máis de 15.000 euros para a adquisicións de publicacións periódicas con cargo ao presuposto centralizado, rachando así a tendencia dos últimos anos. 

Proceso técnico

  • Elevado  ingreso de monografías, das que 1807 volumes fixérono por compra, 50 por intercambio, e 1065 por doazón.
  • Legados de antigos profesores. Neste ano, a familia do profesor de CC. Políticas Juan Luís Pintos doou a súa biblioteca profesional, estando totalmente procesados e a disposición da comunidade universitaria máis de 860 volumes relativos fundamentalmente a socioloxía.

Os Servizos

  • Baixada continua da TUI. Observamos unha baixada no rexistro de usuarios da biblioteca feito que supoñemos pode deberse a que hai menos alumnado nos estudos de grao, con numerus clausus. Este indicador tamén repercute no número de préstamos de materiais físicos que se ven reducindo ano tras ano.
  • Contamos con algo máis de 4,20 m2 por usuario. Tendo en conta o alumnado das titulacións ás que nos diriximos, estamos moi por riba da recomendación de Rebiun que sinala 1 m2 por usuario1. Destacamos tamén que o alumnado que acode ás nosas instalacións procede de todas as titulacións da USC, e incluso do resto do SUG. A localización xeográfica da biblioteca e as instalacións da mesma favorecen a preferencia do alumnado da USC para acudir a esta biblioteca. Isto ten como resultado que as salas de lectura da biblioteca continúan a ser das máis utilizadas da BUSC. Un total de 1052 postos de lectura que se poden utilizar durante 354 días de apertura anual.
  • Préstamo InterbibliotecarioNos últimos tres anos foi baixando o subministro de documentos a outras institucións e incrementouse o número de peticións solicitadas. Nas peticións dos nosos usuarios destacan notablemente os artigos de revistas fronte ás monografías.
  • Actividades de extensión cultural. Destacan aquí o Club de lectura, “As marxes” que seguiu realizando a súa actividade ao longo do 2018 cunha reunión mensual, e as diferentes exposicións bibliográficas realizadas para conmemorar acontecementos destacados no eido social, cultural ou político: Día da Muller Traballadora, Día das Letras Galegas, Maio do 68, Nova sección de Banda Deseñada, Compostela en Negro ou a Constitución de 1978.
  • Novas Salas de traballo en grupo. Este ano iniciouse a remodelación do espazo para dispor de 5 salas de traballo e 2 aulas de formación que agardamos estean operativas ao longo de 2019. Na antiga Aula Universia seguíronse realizando igualmente diferentes cursos de formación solicitados por distintos servizos e tamén reunións de traballo para persoal
    da BUSC.

Formación

Neste ano 2018 impartíronse 14 cursos, aos que asistiron un total de 192 persoas.

 

A Biblioteca participou, como cada ano, na Xornada de acollida que os Decanatos organizan para o novo alumnado na que, a través dunha amena presentación, puideron coñecer as nosas instalacións, coleccións e servizos.

  • Formación inicial. Ao inicio do curso académico impartiuse unha formación para o alumno que ingresa na Universidade coa finalidade de dar a coñecer a Biblioteca e os seus servizos. Agradecemos a colaboración dos Decanatos das tres titulacións así como aos profesores responsables de Grao que ceden as súas horas de clase para introducir esta formación e por motivar ao alumnado para que asistan á mesma.
  • Competencias Informacionais. Nivel básico. No último trimestre do ano, entre outubro e novembro impartiuse un curso online sobre Competencias Informacionais de nivel básico orientado para aos alumnos de 1º de grao das tres titulacións (Dereito/Criminoloxía, Políticas e RR Laborais). A pesares de non destacar polo número de matriculados, o curso obtivo moi boa acollida por quen o realizou.
  • Formación no curso de Doutoramento. En decembro impartiuse unha formación presencial, máis especializada en busca documental e avaliación científica, para o alumnado do Doutoramento en Dereito e do título propio de Criminoloxía.

Redes sociais

Continuouse coa consolidación da presenza nas redes sociais da biblioteca a través doblogFonte Limpa, Facebook(3435 fans), Issuu, ou Pinterest, o noso recurso para difundir as novidades bibliográficas,conmáis de 8700 pines. 

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 15.892 visitas