A lectura escollida para este mes de outubro é Éxodo y exilio del arte: la odisea del Museo del Prado durante la Guerra Civil / Arturo Colorado Castellary. — Madrid : Cátedra, 2008. Falaremos sobre ela o vindeiro 24 de outubro na Biblioteca Concepción Arenal.
Esta magnífica obra, vainos desvelar a situación que sufriu o Patrimonio artístico español durante a Guerra Civil, principalmente os tesouros artísticos.
Que a nosa contenda foi un laboratorio e antesala en moitos aspectos que quedaban por vir en Europa é cousa que mais ou menos está clara en relación ao auxe do fascismo, á perda da democracia, o tema do exilio, os campos de concentración, o uso da poboación civil como obxectivo… pero quizás quedara un tanto no descoñecemento o que fora a situación do patrimonio na guerra, e a súa protección e evacuación.
Arturo Colorado Castellary neste inxente e documentado traballo fálanos da “fronte da arte” e así debemos entendela, xa que destruir o patrimonio do inimigo, supón destruir ao inimigo en si e a súa identidade.
Todo comeza coa actuación do Goberno da Fronte Popular a principios da sublevación militar de xullo, ante a situación do perigo dos tesouros artísticos por parte das milicias e o bando franquista, aínda que a iniciativa ven da Alianza de Intelectuales Antifascistas que levarán a cabo nos primeiros momentos unha serie de campañas populares de sensibilización.
Os protagonistas : Josep Renau, José María Sert, Timoteo Pérez Rubio, Enrique Lister, Ignacio Zuloaga, María Moliner, Tomás Navarro Tomás….
A pesar de que a nosa lectura céntrase no Museo do Pardo, a investigación pon en relación a situación da arte nos conflitos bélicos e a creación por primeira vez dun ente internacional que reforzará o labor do Goberno republicano, trátase do Comité Internacional para el Salvamento del Arte.
Se nos primeiros momentos tivéronse que protexer as obras, principalmente da nobreza e a igrexa, froito da violencia miliciana, a situación empeora cando a guerra se converte nunha guerra total e o 16 de novembro do 36 a aviación alemá e as forzas de aviación do Condor toman como obxectivos militares o Museo do Prado e a Biblioteca Nacional. Así da comezo o Gran Tour do Patrimonio co maiúsculas de España, paralelo ao tourné do Goberno republicano, Torres de Serranos e Igrexa do Patriarca, en Valencia, Castelo Sant Ferran e o Pazo de Peralada en Figueres e antes de pasar a fronteira cara Francia nas Minas de La Vajol no Alto Ampurdán en Girona.
Ante a inminente derrota do goberno da República e grazas a intervención do Comité Internacional chégase a asinar un acordo que permite a saída do mesmo ao exilio e garántese a súa custodia en Xenebra no Pazo da Sociedade de Nacións.
Pasados os Pirineos, o tesouro artístico estaba mais ou menos a salvo da destrución, quedaba atravesar Francia e chegar a Suíza no máximo segredo. Alí os agardada a prensa internacional que facía eco das obras fuxidas e a importancia do Comité Internacional que, unha vez cumprido o seu obxectivo, so lle quedaba a súa disolución. Quen retoma o asunto vai ser o Goberno de Burgos neste caso da man de Eugenio d’Ors –en disputa con Josep Luís Sert e o propio goberno de Burgos que o vai substituír polo galego Fernando Álvarez de Sotomayor-.
A partir de aquí xéstase o que será a grande exposición da arte en Xenebra, que o recen instaurado goberno nacionalista utilizará como arma de lexitimación. O periplo da nosa arte non remata aquí xa que logo da clausura da exposición e saída das obras cara España, o 1 de setembro de 1939, o III Reich ataca Polonia, todo un aviso.
Outros recursos :
- Las cajas españolas (2004) / Alberto Porlan
- León, María Teresa, 1903-1988. La Historia tiene palabra : noticia sobre el salvamento del tesoro artístico / Mª Teresa León ; prólogo de Gonzalo Santonja. — Madrid : Hispamerca, 1977
- Alberti, Rafael, 1902-1999. La Arboleda perdida. — Barcelona : Seix Barral, 1978-1987
- Josep Renau. El arte en peligro (2018) / Eva Vizcarra y Rafael Casañ
- Arte protegido : memoria de la Junta del Tesoro Artístico durante la Guerra Civil : [exposición organizada por el Instituto de Patrimonio Histórico Español y el Museo Nacional del Prado]. Museo Nacional del Prado, del 27 de junio al 14 de septiembre de 2003 / edición al cuidado de Isabel Argerich y Judith Ara. — Madrid : Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Secretaría General de Información y Publicaciones, 2003
- El patrimonio artístico durante la Guerra civil y la postguerra. Proxecto multimedia e colaborativo onde se da conta das obras salvadas e depositadas pola República así como o seu destino durante o Réxime Franquista.
- Ostre sledované vlaky (Película). Trens rigorosamente vixiados / Jiri Menzel, 1966
Conversa
Aínda non hai comentarios.