Socioloxía, Varios

@ nas marxes. La Biblia en España

A obra do Club e lectura para este mes de novembro é La Biblia en España o Viajes, aventuras y prisiones de un inglés en su intento de difundir las Escrituras por la Península, de George Borrow que aínda que non se trata dunha obra de urxencia, si que é un traballo sempre recomendable e actual. É sen dúbida e unha obra magnífica e moi de agradecer a Borrow.

George Borrow (1803-1881), chamado en España Jorjito el Inglés, foi, xunto a moitos outros, unha persoa que procurou plasmar na súa obra os marxes e o amor polo peculiar e o diferente; proba delo son as Celebrated Trials, and Remarkable Cases of Criminal Jurisprudence. from the Earliest Records to the Year 1825, xuízos sensacionais que seguen a liña da literatura dos casos xudiciais (crime, xuízo e sentenza) e que pretendían situar á sociedade fronte á brutalidade das sentenzas; é o caso de Los Zincali: los gitanos de España, esta última obra fundamental sobre a cultura dos xitanos dos que Borrow sentiu grande admiración. Posiblemente ese interese e respecto que sinte pola cultura xitana debeuse a que súa nai Ann Preferment, fora probablemente unha cigana inglesa.

Ciganos andaluces

A viaxe, sempre vista como fonte de coñecemento e achegamento entre o distinto, neste caso, como viaxe escrita, quedounos plasmada na mirada do outro, onde sempre se recolle o mais salientable, abraiante e que vai ser o que se converta na mensaxe importada polo lector.

Queda por ver as recepcións e a construción de imaxinarios e estereotipos nos foráneos. No caso de Borrow, as imaxes coas que nos agasallou, por exemplo na súa crónica do percorrido de Galicia, quedaron para sempre na nosa memoria.

De George Borrow sorpréndenos a súa capacidade de aprender línguas e xentes, e é ao que se adicou: a estudar linguas, viaxar e escribir o viaxado. A Biblia en España, foi escrita na súa casa, unha vez retirado con Mrs Clarke en Oulton Cottage (Lowestorf), e nela da conta da España do momento ao longo dos seus tres pequenos viaxes que realizou, como emisario da British & Foreign Bible Society, co fin de impulsar e imprimir o Novo Testamento de Felipe Scío. E así o fai Borrow. Convértese en emisario da Bible Society e tamén nun curioso editor en Madrid. Situado na Rúa do Príncipe edita os pequenos exemplares que logo difundirá por terras de España. Trátase da edición de 1837: El Nuevo Testamento / traducido al español de la Vulgata Latina por Phelipe Scio de S. Miguel. — Madrid : [s.n.], 1837 (Imp. a cargo de D. Joaquin de la Barrera), que en realidade a encarga ao seu compatriota Charles Wood, impresor do xornal liberal “El español”.

Pero non só o fai en castelán na súa estadía; edita o Novo testamento tamén en romaní:  Embéo e Majaro Lucas: brotoboro, randado andré la chipe griega, acána chibado andré o Romanó, ó chipo es Lincales de sesé = El Evangelio según S. Lucas, traducido al Romaní / [lo chibó en Calo-Romano George Borrow – en Badajoz-].–[Madrid : s.n.], 1837 e en vasco : Evangelioa San Lucasen Guissan = El Evangelio segun S. Lucas / traducìdo al bascuence [editado por George Borrow]. — Madrid : [s.n.], 1838 (Imprenta de la Compañia Tipografica).

George Borrow por Henry Wyndham Phillips

A súa acción transcorre no Portugal disputado entre as faccións Miguelistas e as liberais de Don Pedro; nunha España marcada polas Guerras Carlistas, a desamortización e a instauración do liberalismo, e remata cunha pequena incursión en terra mouras “no país dos Coralm”. A Biblia en España foi traducida por Manual Azaña, gran coñecedor da súa obra, que toma o libro como unha obra de “episodios nacionais” que supera costumismo así como unha autobiográfica do propio narrador, onde como el mesmo di que España é o seu teatro e escenario. E en verdade, Borrow vai mais alá dunha mera postal. A través das súas viaxes vai defendendo ás xentes e a un territorio dende a perspectiva do chan, lonxe de pazos e mais preto de camiños e pousadas. Ás veces parece que se nos movéramos nunha especie de road movie que deberíamos situar entre a contracultura e o punk do século XIX. Borrow, escribe a partires dos distintos cadernos de viaxe que redactou eses tres anos, tamén utiliza as cartas que lle fora enviando á Bible Society, e sobre todo utiliza a súa propia memoria que é a que lle leva memorable; no seu conxunto lle sae unha obra chea de detalle e sentimento.

O noso autor no seu periplo, non se considera un turista senón un misioneiro á deriva por España, que en todo momento se lamenta e denuncia a situación dunha terra danada polo “desgoberno dos Austrias… a estupidez dos borbóns e sobre todo da tiranía espiritual da Corte de Roma”. O que ten claro é o obxectivo da súa misión: rexenerar España, coa axuda das xentes, e así o di “Imos, don Jorge, ao campo, ao campo! Vou con vostede e aprenderei a lei dos ingleses. Ao campo, pois, desde mañá, a difundir o Evanxeo de Inglaterra aterra” O momento histórico é fundamental, sobre todo en relación aos distintos gobernos liberais e as Guerras Carlistas. Borrow non toma posición, salvo a través da súa creación, sacando da situación política todo o rocambolesco do escenario.

Temos que destacar a importancia de Galicia nas súas observacións. Galicia é a primeira terra que albisca e tamén un dos seus núcleos, xa que coloca a procura dun imaxinario tesouro en Compostela como un fío mais da viaxe a través da personaxe de Benedito Mol -quizais como unha homenaxe á vella literatura de viaxes das peregrinacións inglesas a Compostela-. Das súas observacións cabe destacar a súa –sublime- viaxe a Fisterra – Cap. 30 -, onde tomado como o infante Don Carlos, ten que ser xulgado con Antonio da Trava -o valente de Fisterra- un bo mariñeiro galego bilingüe.

Outros recursos

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 15.892 visitas