Benvido a Fonte Limpa, o blog da Biblioteca Concepción Arenal.
O nome do noso blog tomámolo da denominación que o pobo outorgaba á Real Audiencia de Galicia. Creada polos Reis Católicos, constituía unha eficaz garantía de Xustiza contra a anarquía social existente e os abusos e ambicións dos nobres. A Audiencia substituía así as armas e a violencia polo Dereito. Foi tal o prestixio e a boa consideración que obtivo entre o campesiñado que era coñecida como fonte limpa.
As sentenzas da Real Audiencia eran comunicadas no auto galego, que Herbella de Puga cualificou como “A mellor allaxa que El-Rei ten no seu reino de Galicia, que como auga mata o lume e impide as violencias e liortas dos seus vasalos“.
Como os outros blogs da BUSC, o da Biblioteca Concepción Arenal pretende ser un medio de información para a Comunidade Universitaria sobre o que acontece na Biblioteca Concepción Arenal, que ten como finalidades:
Así pois, a través de Fonte Limpa farémosvos chegar novidades relacionadas coa Biblioteca referentes a recursos de información, servizos, actos públicos, actividades de formación, horarios, etc. así como novas de interese sobre calquera tema relacionado coa información relacionada coas ensinanzas impartidas nas Facultades de Dereito, Ciencias Políticas e Sociais, e Relacións Laborais.
Animámosvos a participar comentando as noticias, ou ben dirixindo as vosas propostas para novos contidos a derprest@usc.es.
Moderadores:
El link a facebook no funciona porque en vez de poner http debe de poner https.
Un saludo.
Grazas. Xa está corrixido.
Saúdos.
Tampoco veo los marcadores de Delicious
Grazas, esquecéramos eliminalo posto que aínda estamos estudando e traballando coa ferramenta.