Noticias e novidades

This category contains 69 posts

Regulamento da Biblioteca da Facultade de Dereito de 1911

Pesquisando nos antigos libros de Actas da Facultade de Dereito na procura dun asunto que non ven ao caso, atopámonos con este Regulamento da biblioteca, aprobado hai cento dez anos e que pode ser o primeiro do que se ten constancia. Así, na acta da Xunta de Facultade de Dereito de 28 de marzo de … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Frankenstein o el moderno Prometeo

Retomamos o noso club de lectura o próximo venres 28 de setembro na Biblioteca Concepción Arenal ás 19.00 h., e facémolo cunha obra de aniversario: Frankenstein o el moderno Prometeo de Mary Wollstonecraft Shelley (1797-1851). A edición que utilizamos é a de Isabel Burdiel na editorial Cátedra, grande coñecedora de Shelley e a súa vida. … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Biopolítica: un mapa conceptual

A obra que imos ler para este mes de febreiro é “Biopolítica: Un mapa conceptual” de Laura Bazzicalupo, editado por Melusina e traducido e prologado por Daniel J. García López. Laura Bazzicalupo é unha autora italiana que pertence á “Italian Theory” dentro dos estudos da filosofía política xunto a Giorgio Agamben, Roberto Esposito e Toni Negri; … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. A fotografía da Farm Security Administration

Para despedírnonos do ano, quedamos o 27 de xaneiro do 2017 cunha nova obra: La fotografía del New Deal. USA 1935-1943 / Farm Security Administration ; Peter Walther. – Taschen, 2016. Gisèle Freund vennos a dicir que cada sociedade produce dalgún xeito unhas formas artísticas que veñen dadas da necesidade do momento, a temática das … Seguir lendo

Valorar:

Exposición Luís Porteiro Garea. Verbas dun loitador

O 15 de setembro de 1915, o profesor da cátedra de Dereito civil, Luís Porteiro Garea, pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago a primeira clase en galego da que se ten constancia, titulada A transformación do Dereito civil pola Gran Guerra. Así, na Biblioteca Concepción Arenal, inauguramos unha exposición sobre a traxectoria académica e universitaria de … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. A Galaxia Gutenberg : a creación do home tipográfico

Para este mes de outubro, o noso club de lectura @nas marxes, ten preparada unha obra especial, peza clave no estudos dos media : A Galaxia Gutenberg : a creación do home tipográfico / Marshall McLuhan ; prólogo, Darío Villanueva ; tradución, Manuel Outeiriño. — Santiago de Compostela : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo … Seguir lendo

Valorar:

A visibilización do traballo do PDI en Dialnet

En 2015, 1.618.018 usuarios estableceron máis de 26 millóns de sesións á web de Dialnet, visitando 84.089.785 páxinas, converténdose no segundo portal de contidos bibliográficos do mundo, e unha das ferramentas de procura e descubrimento de información científica máis utilizadas e coñecidas polos investigadores. Por todo isto, é importante que a produción científica dos investigadores e … Seguir lendo

Valorar:

Diccionario del español jurídico

Vimos de recibir na biblioteca o Diccionario del español jurídico (DEJ), que nace da preocupación do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) polos problemas de claridade e seguridade da linguaxe xurídica. Aínda que non é a primeira vez que se fai un dicionario xurídico, si é o primeiro, tanto en España como en Europa, que … Seguir lendo

Valorar:

CEMLA. Base de datos da emigración en Arxentina

O CEMLA (Centro de Estudos Migratorios Latinoamericanos) puxo en liña unha proba piloto que permite consultar a súa base de datos, na que se pode buscar persoas emigradas na Arxentina chegados entre 1882 e mediados dos anos 70 do século XX. Ata o momento a procura na base soamente brindaba información sobre cantas persoas con … Seguir lendo

Valorar:

Crisis, derechos sociales e igualdad

Crisis, derechos sociales e igualdad / editoras, Alba Nogueira López, Marta Lois González, Isabel Diz Otero ; Margarita León Borja … [et al.]. Valencia : Tirant lo Blanch, 2015, (A38.11-28) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía dirixida polas profesoras da USC Alba Nogueira López, Marta Lois González e Isabel Diz Otero, publicada pola editorial … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 16.333 visitas