Personaxes

This category contains 19 posts

@ nas marxes. Paseos por Londres

A lectura escollida para este mes de febreiro é Paseos por Londres : la aristocracia y los proletarios ingleses, de Flora Tristán, cunha introdución de Mario Vargas Llosa (Barcelona : Global Rhythm, 2008) unha obra clave na práctica “flâneur”, entendida como paseante indolente no ámbito urbano que vaga pola metrópole como un espectador observador de … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Nada personal

A lectura escollida para este mes de marzo non é outra que Nada personal / fotografías de Richard Avedon y texto de James Baldwin. — Colonia : Taschen, cop. 2017 considerada pola crítica unha xoia non só polo que é o seu resultado final visible; senón polo que se agocha no seu proceso de elaboración: amizade, … Seguir lendo

Valorar:

Concepción Arenal, la caminante y su sombra

Ven de publicarse unha biografía escrita por Anna Caballé que nos achega maxistralmente á figura de Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893), unha biografía que rescata o valor da obra dunha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX. A obra xa figura nos fondos da biblioteca coa signatura A6-535 O volume, que saiu á venda … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Para la reforma moral e intelectual

A lectura que temos proposta para este mes de abril, trata dunha pequena antoloxía de textos de Antonio Gramsci, Para la reforma moral e intelectual, precedida de dous textos de Manuel Sacristán ; selección de Francisco Fernández Buey. — Madrid : Los Libros de la Catarata, 2016. Resulta difícil dar unhas breves notas sobre o autor, … Seguir lendo

Valorar:

Exposición Luís Porteiro Garea. Verbas dun loitador

O 15 de setembro de 1915, o profesor da cátedra de Dereito civil, Luís Porteiro Garea, pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago a primeira clase en galego da que se ten constancia, titulada A transformación do Dereito civil pola Gran Guerra. Así, na Biblioteca Concepción Arenal, inauguramos unha exposición sobre a traxectoria académica e universitaria de … Seguir lendo

Valorar:

70 aniversario da presentación de Sempre en Galiza

Desde a súa publicación ata os nosos días, Sempre en Galiza foi considerada unha obra de referencia fundamental do galeguismo (ata ser incluso considerada unha especie de Biblia do nacionalismo galego), e actualmente considérase o libro máis significativo da cultura política galega do século XX. O 10 de marzo de 1944 publicábase en Bos Aires … Seguir lendo

Valorar:

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

Hoxe cúmprense 194 anos do nacemento de Concepción Arenal (Ferrol, 1820; Vigo, 1893), persoeira á que lle debemos a denominación de Biblioteca Universitaria Concepción Arenal. A reforma penal, a cuestión obreira e a situación social das mulleres foron as principais preocupacións da nosa autora, así como os temas claves que desenvolveu nos seus escritos, que abarcan máis … Seguir lendo

Valorar:

Sementar os ares novos

  En 2013 cumpríronse 100 anos do nacemento de Francisco Fernández Del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) e oitenta da lectura do discurso ‘La Universidad gallega ante el momento actual’ que pronunciou como representante do estudantado na inauguración do curso 1933-1934, cando era alumno de Dereito en Compostela, impreso que atesouramos na Biblioteca Concepción Arenal. A Universidade de Santiago … Seguir lendo

Valorar:

Controversiarum illustrium aliarumque usu frequentium. Un dos libros máis antigos da Biblioteca Concepción Arenal

Pola súa antigüidade, o libro D. Fernandi Vasquii Menchacensis … Controversiarum illustrium aliarumque usu frequentium de 1564 constitúe un dos exemplares máis antigos da colección. Obra do xurisconsulto vallisoletano Fernando Vázquez de Menchaca, 1512-1569. Estudou a prescripción como forma xurídica que da orixe á propiedade, isto é, a norma legal de conceder a posesión dun ben a quen … Seguir lendo

Valorar:

500 aniversario do “Príncipe” de N. Maquiavelo

Neste ano 2013 cúmplense 500 anos de que Nicolás Maquiavelo escribira a obra “De principatibus” como figura no título orixinal en latín nas primeiras copias manuscritas, xa que non foi ata 1532 cando apareceu a primeira edición impresa. É a obra de literatura italiana máis difundida no mundo, e da que mais traducións se teñen realizado. … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 15.892 visitas