Varios

This category contains 68 posts

Regulamento da Biblioteca da Facultade de Dereito de 1911

Pesquisando nos antigos libros de Actas da Facultade de Dereito na procura dun asunto que non ven ao caso, atopámonos con este Regulamento da biblioteca, aprobado hai cento dez anos e que pode ser o primeiro do que se ten constancia. Así, na acta da Xunta de Facultade de Dereito de 28 de marzo de … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Paseos por Londres

A lectura escollida para este mes de febreiro é Paseos por Londres : la aristocracia y los proletarios ingleses, de Flora Tristán, cunha introdución de Mario Vargas Llosa (Barcelona : Global Rhythm, 2008) unha obra clave na práctica “flâneur”, entendida como paseante indolente no ámbito urbano que vaga pola metrópole como un espectador observador de … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Cuaderno de los sesenta

A obra coa que comezamos o ano non é outra que os Cadernos de Jonas Mekas. Cuaderno de los sesenta : escritos 1958-2010 ; traducción Guido Segal ; [presentación Pablo Marín]. — Buenos Aires : Caja Negra, 2017, e quedamos, como sempre, na Biblioteca Concepción Arenal o venres 31 de Xaneiro do 2020. Para este … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. La Biblia en España

A obra do Club e lectura para este mes de novembro é La Biblia en España o Viajes, aventuras y prisiones de un inglés en su intento de difundir las Escrituras por la Península, de George Borrow que aínda que non se trata dunha obra de urxencia, si que é un traballo sempre recomendable e actual. … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Éxodo y exilio del arte

A lectura escollida para este mes de outubro é Éxodo y exilio del arte: la odisea del Museo del Prado durante la Guerra Civil / Arturo Colorado Castellary. — Madrid : Cátedra, 2008. Falaremos sobre ela o vindeiro 24 de outubro na Biblioteca Concepción Arenal. Esta magnífica obra, vainos desvelar a situación que sufriu o … Seguir lendo

Valorar:

A Biblioteca en cifras 2018

A Biblioteca en cifras 2018, publícase un ano máis para resumir os datos máis salientables da actividade da biblioteca no 2018. Este documento permítenos establecer novos obxectivos e adecuar o Servizo ás necesidades das facultades que atendemos e da comunidade universitaria en xeral. Amosa a realidade da Biblioteca, tanto cualitativa como cuantitativamente, e ao mesmo tempo vemos a súa evolución durante os últimos tres e cinco anos. Resumimos a continuación … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Contra la interpretación

Este mes de Abril reunirémonos o vindeiro venres 26 na Biblioteca Concepción Arenal, ás 19.00 h. e adicamos n@s marxes á obra de Susan Sontag, Contra la interpretación y otros ensayos con traducción de Horacio Vázquez Rial e revisada por Aurelio Major. A obra foi publicada no ano 1966 e trátase da recompilación dunha serie … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Nada personal

A lectura escollida para este mes de marzo non é outra que Nada personal / fotografías de Richard Avedon y texto de James Baldwin. — Colonia : Taschen, cop. 2017 considerada pola crítica unha xoia non só polo que é o seu resultado final visible; senón polo que se agocha no seu proceso de elaboración: amizade, … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Nobles y rebeldes

A obra que propoñemos para empezar o 2019, é Nobles y rebeldes, de Jessica Mitford, que supón ir ao outro lado do mundo, despois da anterior lectura do Leviatán de Hobbes. Reunirémonos o vindeiro 18 de xaneiro na Biblioteca Concepción Arenal ás 19.00h. A nosa escritora, Jessica Mitford (1917-1996), foi a sexta dunha importante familia procedente … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Leviathan de Thomas Hobbes

Este mes de novembro adicamos @nas marxes á obra “Tout court” da teoría política moderna Leviathan de Thomas Hobbes, nin mais nin menos. A súa escolla ven pola condición de clásico, se nos remitimos ás verbas de Norberto Bobbio, un dos grandes estudosos do seu pensamento, que consideraba que Hobbes cumpría as tres condicións básicas para … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 16.302 visitas