10º Aniversario da biblioteca

This tag is associated with 7 posts

Fotografías de bibliotecas de dereito

O pasado 8 de maio tivo lugar a inauguración e apertura do Max Planck Institute Luxembourg for International, European and Regulatory Procedural Law en presenza do Gran Duque Enrique, o Primeiro Ministro de Luxemburgo, Jean-Claude Juncker, o Ministro de Educación Superior e Investigación de Luxemburgo, o embaixador de Alemaña, o Secretario de Estado do Ministerio Federal de Educación e … Seguir lendo

Valorar:

Fallo do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

Tal como estaba previsto nas bases, o día 16 de maio ás 13.00 horas, na sala de descanso desta Biblioteca, tivo lugar o acto que deu a coñecer o fallo do Xurado do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega. Por colectivos, houbo oito textos do alumnado, sete de PAS e catro pertencentes ao PDI. … Seguir lendo

Valorar:

Cantares Gallegos

Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, obra auroral da literatura galega que viu a luz en 1863. A proposta da Biblioteca Concepción Arenal da USC nesta semana das Letras Galegas é amosar un exemplar da primeira edición. E acompañámolo dunha pequena exposición de moitas das edicións que … Seguir lendo

Valorar:

Reutilización e deseño de complementos, labor de gancho e calceta

Dentro do ciclo de recuperación de Saberes Tradicionais que está a realizar a Oficina de Desenvolvemento Sostible, a Biblioteca Concepción Arenal vai albergar o próximo martes, 7 de maio, unha sesión práctica na que se van combinar xastrería, ganchillería e calceta, obradoiros enmarcados no Ciclo de Recuperación de Saberes Tradicionais de USC en Transición. Reutilización e deseño de … Seguir lendo

Valorar:

Relaxación e meditación na Biblioteca

Andas cansa polos exames? Estás estresado? A Biblioteca Concepción Arenal, a través da Fundación USC Deportiva, ofréceche a posibilidade de relaxarte e conseguir ferramentas para que practiques a meditación nestes momentos de maior esforzo, co final de curso ás portas. Dende hai máis de 3000 anos, as culturas orientais traballan con diferentes sistemas de meditación, … Seguir lendo

Valorar:

I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

Para conmemorar o Día das LETRAS GALEGAS 2013, a Biblioteca Concepción Arenal, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o I Concurso de Microrrelatos en lingua galega. Premios O  primeiro premio será galardoado cun lote de libros de narrativa de Edicións Xerais. Un accésit dotado cun lote menor de libros, tamén de Xerais. Bases I Concurso … Seguir lendo

Valorar:

Conferencia e exposición: O Dereito en Tolkien

O profesor de Dereito do Traballo da USC, José María Miranda Boto, vainos deleitar o próximo 23 de abril, ás 17.00 na Sala de descanso da biblioteca, cunha conferencia sobre unha das súas afeccións favoritas: J.R.R. Tolkien. Ilustraremos a súa charla cunha exposición bibliográfica do Señor dos aneis de J.R.R. Tolkien en gran variedade de linguas, que … Seguir lendo

Valorar: