acceso aberto

This tag is associated with 15 posts

O portal de revistas científicas REDIB

O portal de revistas científicas do CSIC e-Revistas pasa a chamarse REDIB (Red Iberomericana de Innovación y Conocimiento Científico). Incorpora máis de 1400 títulos de revistas, con máis de 341.000 documentos. REDIB é unha plataforma de agregación de contidos científicos e académicos en formato electrónico producidos no ámbito iberoamericano. REDIB conta cunha clara vocación de promoción da innovación … Seguir lendo

Valorar:

O Congreso dos Deputados dixitaliza o seu arquivo de audio

O Congreso dos Deputados presentou hoxe a dispoñibilidade dende a súa páxina web da consulta das gravacións de audio (ficheiros en formato mp3) das intervencións correspondentes ás lexislaturas Constituinte, I, II, III, IV e V, permitindo así esta dixitalización a que accedamos a todas as sesións das lexislaturas comprendidas entre 1977-1996. Esta iniciativa súmase ao proceso de modernización e dixitalización … Seguir lendo

Valorar:

Obras huérfanas y derecho de autor

Obras huérfanas y Derecho de autor (IDIUS-8714) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora doutora da USC Isabel Espín Alba publicada pola editorial Aranzadi. É a primeira monografía que analiza a transposición ao dereito español da Directiva 2012/28/UE, e contén valiosas suxestións para o desenvolvemento regulamentario da Lei 21/2014, así como … Seguir lendo

Valorar:

A CE esixirá o acceso gratuíto a publicacións científicas

Recentemente difundiuse polas redes sociais a intervención da Vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da axenda dixital, Neelie Kroes no lanzamento da iniciativa internacional Alianza de Datos de Investigación en Estocolmo, na que avanzaba que a UE “esixirá que todas as publicacións científicas que reciban fondos europeos sexan accesibles libremente”. Esta iniciativa está amparada nas … Seguir lendo

Valorar:

Buscador de publicacións do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ)

Ademáis de poder consultar e acceder á Xurisprudencia do Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores, Audiencias Provinciais… o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) pon a disposición este enlace, onde se poden consultar as sete importantes publicacións que realiza periodicamente o CENDOJ (Centro de Documentación Judicial do CGPJ). Anque non permite o acceso ao seu contido en … Seguir lendo

Valorar:

Novo número de RIPS

O portal de revistas da Universidade de Santiago de Compostela ven de anunciar a publicación do Vol. 11, n. 3 (2012) de RIPS : revista de investigaciones políticas y sociológica. Trátase dun monográfico que presenta unha serie de materiais elaborados no marco dunha ampla investigación sobre as políticas culturais das Comunidades Autónomas españolas, que se levou a cabo durante os últimos seis años por parte dun … Seguir lendo

Valorar:

Libre acceso ás publicacións científicas nos Estados Unidos

O goberno dos Estados Unidos ven de acordar que as publicacións de investigación financiadas con cartos públicos deben ser postas en acceso aberto despois dun ano da sua publicación, e de xeito inmediato aos datos científicos (ata agora esta medida só afectaba á ciencia biomédica). A medida foi adoptada despois de que fora presentada unha proposición … Seguir lendo

Valorar:

As nosas fontes. Boletín Judicial de Galicia, 1856-1866

Véñense de incluir no catálogo da Biblioteca Universitaria uns trescentos rexistros bibliográficos correspondentes a artigos doutrinais, críticas a sentenzas xudiciais, análises de disposicións legais, discursos, homenaxes e traballos de distinta natureza publicados entre 1856 e 1866 no Boletín Judicial de Galicia. Foi esta unha publicación xurídica centrada na análise e divulgación de cuestións legais de … Seguir lendo

Valorar:

Estudios Penales y Criminológicos

Xa está dispoñible no portal Rev{USC} da Universidade de Santiago de Compostela o Vol. 32 (2012) de Estudios Penales y Criminológicos, publicación elaborada baixo a coordinación do Instituto de Criminoloxía da nosa Universidade. Este último número de EPyC é, por outra banda, o primeiro dos publicados pola revista en soporte exclusivamente electrónico. Súmase, xa que … Seguir lendo

Valorar:

RIPS: agora en formato dixital

O portal de revistas da Universidade de Santiago de Compostela anuncia a publicación do Vol. 11, n. 4 (2012) de RIPS : revista de investigaciones políticas y sociológica. Trátase dunha revista de carácter internacional e periodicidade semestral, especializada na publicación de artigos de investigación, recensións de libros e notas e outras colaboracións breves nas áreas … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,249 visitas