Bases de datos

This tag is associated with 25 posts

Lex.gal, Dereito galego consolidado

Nace Lex.gal, como ‘Portal Xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada’, unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade, e coa posibilidade de consulta de redacións anteriores. É un proxecto desenvolvido conxuntamente polo Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia, … Seguir lendo

Valorar:

A visibilización do traballo do PDI en Dialnet

En 2015, 1.618.018 usuarios estableceron máis de 26 millóns de sesións á web de Dialnet, visitando 84.089.785 páxinas, converténdose no segundo portal de contidos bibliográficos do mundo, e unha das ferramentas de procura e descubrimento de información científica máis utilizadas e coñecidas polos investigadores. Por todo isto, é importante que a produción científica dos investigadores e … Seguir lendo

Valorar:

CEMLA. Base de datos da emigración en Arxentina

O CEMLA (Centro de Estudos Migratorios Latinoamericanos) puxo en liña unha proba piloto que permite consultar a súa base de datos, na que se pode buscar persoas emigradas na Arxentina chegados entre 1882 e mediados dos anos 70 do século XX. Ata o momento a procura na base soamente brindaba información sobre cantas persoas con … Seguir lendo

Valorar:

“The open Syllabus Project” : recurso sobre as obras citadas en máis de 1 millón de bibliografías académicas

O Open Syllabus Project é un recurso, en fase de proba, que nos amosa cales son as obras que se citan nas bibliografías académicas de máis dun millón de programas académicos de universidades dos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia e Nova Zelanda. De momento circunscríbese ao ámbito anglófono, pero con todo pode ser útil … Seguir lendo

Valorar:

O portal de revistas científicas REDIB

O portal de revistas científicas do CSIC e-Revistas pasa a chamarse REDIB (Red Iberomericana de Innovación y Conocimiento Científico). Incorpora máis de 1400 títulos de revistas, con máis de 341.000 documentos. REDIB é unha plataforma de agregación de contidos científicos e académicos en formato electrónico producidos no ámbito iberoamericano. REDIB conta cunha clara vocación de promoción da innovación … Seguir lendo

Valorar:

Nova páxina personalizada de La Ley Wolters Kluwer

A editorial La Ley-Wolters Kluwer ven de mudar a páxina personalizada da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, que da acceso ao contido da Base de Datos (LaLeyDigital360, LaLeyDigital360 Doctrina e El Consultor de Contratación Administrativa), Publicacións (Portal de Revistas completo), darse de alta na Newletter, consellos de uso da base de datos ou a matrícula … Seguir lendo

Valorar:

NDLTD, novo servizo para a busca de teses

A Networked Digital Library of Theses and Dissertations (NDLTD) ven de anunciar o lanzamento dun novo portal para busca e localización de teses e traballos de fin de grao de universidades de todo o mundo. O novo servizo de busca “Global ETD Search” está dispoñible en: http://search.ndltd.org/ Global ETD Search agrega unha colección crecente de aproximadamente 4 … Seguir lendo

Valorar:

Dicionario de catedráticos españois de Dereito

Esta páxina electrónica ofrece os resultados dunha investigación en curso relativa aos titulares de cátedras xurídicas entre 1847, data do primeiro escalafón do corpo de catedráticos, e 1943, ano da lei de Ordenación Universitaria. Trátase dunha relación de 562 personaxes, moitos deles pouco ou nada coñecidos, que conforman a historia viva da universidade liberal. O Diccionario de catedráticos españoles … Seguir lendo

Valorar:

O Congreso dos Deputados dixitaliza o seu arquivo de audio

O Congreso dos Deputados presentou hoxe a dispoñibilidade dende a súa páxina web da consulta das gravacións de audio (ficheiros en formato mp3) das intervencións correspondentes ás lexislaturas Constituinte, I, II, III, IV e V, permitindo así esta dixitalización a que accedamos a todas as sesións das lexislaturas comprendidas entre 1977-1996. Esta iniciativa súmase ao proceso de modernización e dixitalización … Seguir lendo

Valorar:

Portal web Red_Parlamenta

Recentemente estreouse o portal web Red_Parlamenta que é a rede de cooperación dos servizos documentais dos dezasete parlamentos autonómicos do estado español. Red_Parlamenta deixou de ser unha rede restrinxida o mes pasado e agora permite a toda a cidadanía ter acceso ás noticias dos dezasete parlamentos autonómicos e aos recursos e coleccións dos servizos de documentación. Non ten carácter político, nin … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,249 visitas