comunicación 2.0

This tag is associated with 9 posts

Politico Europa

Onte inaugurouse a edición europea de Politico, cun enfoque claramente continental. Politico é un medio dixital estadounidense que se converteu nunha das referencias na información especializada en política nese país. Na conversa inaugural, os dous directivos de Politico, o editor executivo Matthew Kaminski e o editor en xefe John F. Harris comparten unhas cantas verdades sobre como se fai xornalismo desde Bruxelas: … Seguir lendo

Valorar:

Un ano do blogue Fonte Limpa da Biblioteca Concepción Arenal

Estreouse o blogue Fonte Limpa en xuño de 2012, e desde entón levamos publicadas, con ésta, 100 novas que foron consultadas en conxunto máis de 5.500 veces. A noticia máis vista foi O proceso de activación dos tornos de acceso na Biblioteca Concepción Arenal, na súa etapa final publicada o 11 de maio de 2013. O día máis visitado coincidiu coa … Seguir lendo

Valorar:

A CE esixirá o acceso gratuíto a publicacións científicas

Recentemente difundiuse polas redes sociais a intervención da Vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da axenda dixital, Neelie Kroes no lanzamento da iniciativa internacional Alianza de Datos de Investigación en Estocolmo, na que avanzaba que a UE “esixirá que todas as publicacións científicas que reciban fondos europeos sexan accesibles libremente”. Esta iniciativa está amparada nas … Seguir lendo

Valorar:

Novo libro sobre o correcto uso das ferramentas web 2.0 (facebook, youtube,…)

Hoxe queremos presentarvos un interesante libro publicado recentemente e que pasou a formar parte dos nosos fondos bibliográficos: The no-nonsense guide to legal issues in Web 2.0 and cloud computing (IDIUS-8581), de Charles Oppenheim (London : Facet, 2012). As ferramentas Web 2.0 na nube son fundamentais nas bibliotecas e organizacións relacionadas coa información, pero moitos profesionais de LIS poden … Seguir lendo

Valorar:

O BOE agora tamén no teu móbil

O pasado martes, anunciábase dende a páxina de Facebook do BOE, a estrea da nova aplicación oficial e de balde do BOE para móbiles, de momento só dispoñible para dispositivos iPhone (iOS) pero pronto tamén para Android. A aplicación permite: Acceder ao último BOE publicado ou ben ao boletín que escollemos pola data de publicación. … Seguir lendo

Valorar:

Novidades bibliográficas da Biblioteca Concepción Arenal

Seguimos con pequenos cambios na Biblioteca Concepción Arenal, agora toca o boletín de novidades. Desde este mes de marzo, as últimas adquisicións poden consultarse en conxunto ou por materias, e amosadas por orde de recepción, cunha periodicidade mensual: Ciencia Política e Socioloxía Dereito Administrativo Dereito Civil Dereito Constitucional Dereito Eclesiástico do Estado Dereito Financeiro Dereito Internacional Privado … Seguir lendo

Valorar:

Computación na nube, contratos de servizo e cuestións legais

A revista  El Profesional de la Información publica en aberto no seu último número un breve pero interesante artigo de Charles Oppenheim, antigo profesor de ciencias da información na Universidade de Loughborough e actualmente profesor visitante na Universidade de Queensland, sobre os contratos de uso dos servizos de “computación na nube” (Cloud computing) actualmente tan … Seguir lendo

Valorar:

Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones

Publicouse recentemente na plataforma UPV OpenCourseWare da Universitat Polìtècnica de València o curso elaborado pola biblioteca “Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones”. Averiguar quén cita as publicacións, xestionar as referencias bibliográficas, coñecer os dereitos de autor as ventaxas da difusión en acceso aberto ou utilizar as … Seguir lendo

Valorar:

EP NewsHub. Política parlamentaria europea en tempo real

NewsHub EP é o novo servizo de noticias en tempo real do Parlamento Europeo que reúne nunha soa web toda a información publicada polos eurodeputados, os grupos políticos, o Presidente e o servizo de prensa da institución a través das diferentes plataformas de comunicación. Esta ferramenta ofrece nunha soa páxina, na mesma orde no que … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,249 visitas