Día das Letras Galegas

This tag is associated with 4 posts

Fallo do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega

Tal como estaba previsto nas bases, o día 16 de maio ás 13.00 horas, na sala de descanso desta Biblioteca, tivo lugar o acto que deu a coñecer o fallo do Xurado do I Concurso de Microrrelatos en lingua galega. Por colectivos, houbo oito textos do alumnado, sete de PAS e catro pertencentes ao PDI. … Seguir lendo

Valorar:

Cantares Gallegos

Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, obra auroral da literatura galega que viu a luz en 1863. A proposta da Biblioteca Concepción Arenal da USC nesta semana das Letras Galegas é amosar un exemplar da primeira edición. E acompañámolo dunha pequena exposición de moitas das edicións que … Seguir lendo

Valorar:

Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego

Hoxe celébrase o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, Don Paco, unha importante personalidade do mundo da cultura en Galicia á que estaremos sempre agradecidos polo seu incansable labor. Nacido en Vilanova de Lourenzá, en Lugo, o 7 de xaneiro de 1913, foi unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega. Avogado de profesión, comezou a … Seguir lendo

Valorar:

Valentín Paz Andrade, Día das Letras Galegas 2012

A Biblioteca Concepción Arenal súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2012 e acolle durante todo o mes de maio unha exposición adicada ao polifacético escritor Valentín Paz Andrade, homenaxeado deste ano no Día das Letras. Deseñada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a exposición está composta por dez paneis con fotografías … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 12,423 visitas