Profesorado

This tag is associated with 30 posts

As precursoras na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela

A historia da muller na universidade non foi, nin moito menos, un camiño de rosas. Ata o século XVIII non se rexistran as primeiras constancias de estudantes femininas nas aulas e, as poucas que había, tiveron que verse ata comezos do século XX, privadas da consecución de títulos acreditativos dos seus estudos. As poucas intrépidas … Seguir lendo

Valorar:

O Federalista

Ven de publicarse pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación BBVA unha tradución de O Federalista, cun prólogo e amplo análise de Roberto L. Blanco Valdés (catedrático de Dereito Constitucional na USC) sobre importancia desta obra para o sistema constitucional de Estados Unidos. A tradución está a cargo de Ramón Máiz (catedrático de … Seguir lendo

Valorar:

Exposición Luís Porteiro Garea. Verbas dun loitador

O 15 de setembro de 1915, o profesor da cátedra de Dereito civil, Luís Porteiro Garea, pronunciou no paraninfo da Universidade de Santiago a primeira clase en galego da que se ten constancia, titulada A transformación do Dereito civil pola Gran Guerra. Así, na Biblioteca Concepción Arenal, inauguramos unha exposición sobre a traxectoria académica e universitaria de … Seguir lendo

Valorar:

A visibilización do traballo do PDI en Dialnet

En 2015, 1.618.018 usuarios estableceron máis de 26 millóns de sesións á web de Dialnet, visitando 84.089.785 páxinas, converténdose no segundo portal de contidos bibliográficos do mundo, e unha das ferramentas de procura e descubrimento de información científica máis utilizadas e coñecidas polos investigadores. Por todo isto, é importante que a produción científica dos investigadores e … Seguir lendo

Valorar:

Crisis, derechos sociales e igualdad

Crisis, derechos sociales e igualdad / editoras, Alba Nogueira López, Marta Lois González, Isabel Diz Otero ; Margarita León Borja … [et al.]. Valencia : Tirant lo Blanch, 2015, (A38.11-28) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía dirixida polas profesoras da USC Alba Nogueira López, Marta Lois González e Isabel Diz Otero, publicada pola editorial … Seguir lendo

Valorar:

Que factores inflúen na mobilidade internacional dos investigadores?

A OCDE ven de publicar o informe: Which factors influence the international mobility of research scientists? Este estudoi investiga os factores económicos, culturais e científicos, e os vínculos entre os países de orixe e de destino, que inflúen na mobilidade dos investigadores, utilizando unha nova medida de mobillidade científica internacional. Neste informe amósase que as … Seguir lendo

Valorar:

Dicionario de catedráticos españois de Dereito

Esta páxina electrónica ofrece os resultados dunha investigación en curso relativa aos titulares de cátedras xurídicas entre 1847, data do primeiro escalafón do corpo de catedráticos, e 1943, ano da lei de Ordenación Universitaria. Trátase dunha relación de 562 personaxes, moitos deles pouco ou nada coñecidos, que conforman a historia viva da universidade liberal. O Diccionario de catedráticos españoles … Seguir lendo

Valorar:

Estudios de Derecho de Sucesiones

Estudios de derecho de sucesiones, “Liber Amicorum” Teodora F. Torres García. Directores Andrés Domínguez Luelmo, María Paz García Rubio ; coordinadora Margarita Herrero Oviedo. Las Rozas, Madrid : La Ley, 2014 É unha práctica habitual no ámbito universitario celebrar a xubilación dun profesor coa publicación dun libro no que participan discípulos, colegas e outros profesionais da rama … Seguir lendo

Valorar:

El Federalista, de Alexander Hamilton, James Madison, John Jay

Nada facía presaxiar que os artigos publicados en The Independent Journal e The New York Packet entre outubro de 1787 e agosto de 1788, baixo o seudónimo de Publius, chegaran a constituir, co transcurso do tempo, un  dos clásicos maiores da historia do pensamento político. Desde a súa publicación ata os nosos días, foi considerada unha … Seguir lendo

Valorar:

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia (IDIUS-8709) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía publicada pola editorial Aranzadi e dirixida polo profesor doutor da USC Ángel García Vidal, e coordinada polos tamén profesores da USC  María del Mar Maroño Gargallo e Francisco Javier Framiñán Santas. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección do IDIUS, adicada … Seguir lendo

Valorar: