En 2013 cumpríronse 100 anos do nacemento de Francisco Fernández Del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) e oitenta da lectura do discurso ‘La Universidad gallega ante el momento actual’ que pronunciou como representante do estudantado na inauguración do curso 1933-1934, cando era alumno de Dereito en Compostela, impreso que atesouramos na Biblioteca Concepción Arenal. A Universidade de Santiago … Seguir lendo
Pola súa antigüidade, o libro D. Fernandi Vasquii Menchacensis … Controversiarum illustrium aliarumque usu frequentium de 1564 constitúe un dos exemplares máis antigos da colección. Obra do xurisconsulto vallisoletano Fernando Vázquez de Menchaca, 1512-1569. Estudou a prescripción como forma xurídica que da orixe á propiedade, isto é, a norma legal de conceder a posesión dun ben a quen … Seguir lendo
No século XVII iníciase a moda de editar obras destinadas á práctica xurídica, instruíndo aos licenciados en Dereito que pretendían exercer a avogacía nas peculiaridades xurídicas propias do país. A pervivencia dun ensino excesivamente teórico, monopolizado polo Dereito romano, favoreceu este tipo de publicacións que simplemente pretendían introducir nas sutilezas forenses aos aspirantes ao exercicio … Seguir lendo
O Fondo de reserva da Biblioteca Concepción Arenal está integrado polos libros anteriores a 1939 sendo, na súa maioría libros adquiridos pola Facultade de Dereito ao longo da súa historia e os procedentes das bibliotecas particulares integradas. Inclúe coleccións formadas por xuristas do talle de Paulino Pedret, Agustín Fernández Albor ou de Camilo Barcia Trelles, que garanten o valor documental do mesmo, con … Seguir lendo