Acceso aberto, Ciencia política, Novidades bibiográficas, Socioloxía

RIPS: agora en formato dixital

RIPS_cabeceiraO portal de revistas da Universidade de Santiago de Compostela anuncia a publicación do Vol. 11, n. 4 (2012) de RIPS : revista de investigaciones políticas y sociológica. Trátase dunha revista de carácter internacional e periodicidade semestral, especializada na publicación de artigos de investigación, recensións de libros e notas e outras colaboracións breves nas áreas de Ciencia Política e da Administración, de Socioloxía e de todas aquelas disciplinas das ciencias sociais relacionadas coas anteriores.

A aparición deste número é especialmente reseñable pois trátase da primeira ocasión en que a revista aparece en formato exclusivamente dixital. Acompaña neste paso a varias publicacións da USC que desta forma se sitúa á vangarda das editoriais universitarias españolas na adopción dos novos modelos de publicación científica e académica.

RIPS, que publicou o seu primeiro número en 1999, acumula xa unha notable experiencia e un recoñecido prestixio no seu ámbito. Proba diso son as máis de 2.700 descargas mensuais de media que os seus artigos tiveron no periodo 2007-2011. Esta boa acollida foi posible grazas ao bo facer de todos os que colaboraron na súa elaboración, e especialmente á preocupación do seu consello de redacción porque a revista cumprise todos os criterios de calidade exibles ás publicacións do seu tipo. O propio portal da publicación infórmanos de que RIPS cumpre satisfactoriamente todos os criterios de calidade editorial considerados por Latindex (Sistema Rexional de Información en Liña para Revistas Científicas de América Latina, o Caribe, España e Portugal) e que está indexada en RedALyC (Rede de Revistas Científicas de América latina, o Caribe, España e Portugal), Dialnet, DOAJ, Premier e ISOC.

Agardamos que RIPS colleite neste nova etapa dixital, polo menos, o mesmo recoñecemento que logrou coa versión impresa ao cabo dos seus doce anos de singradura.

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas