cultura

This tag is associated with 10 posts

@ nas marxes. Éxodo y exilio del arte

A lectura escollida para este mes de outubro é Éxodo y exilio del arte: la odisea del Museo del Prado durante la Guerra Civil / Arturo Colorado Castellary. — Madrid : Cátedra, 2008. Falaremos sobre ela o vindeiro 24 de outubro na Biblioteca Concepción Arenal. Esta magnífica obra, vainos desvelar a situación que sufriu o … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. El arte como terapia

A obra que temos escollido para este mes de febreiro é  El arte como terapia / Alain de Botton, John Armstrong. — Londres : Phaidon Press Limited, 2017. A lectura queda para o venres 23 de febreiro no CGAC, a partir das 18:30 h., e aproveitaremos para ver a exposición de Eduardo Batarda : MISE EN ABYME. … Seguir lendo

Valorar:

8 de marzo de película

Dentro das actividades que estamos a desenvolver para conmemorar este 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, un día para lembrar a loita e para visibilizar o camiño percorrido e o que queda aínda por percorrer en todos os ámbitos da nosa sociedade, amosamos unhas cantas recomendacións de películas sobre a situación das mulleres no mundo … Seguir lendo

Valorar:

Sementar os ares novos

  En 2013 cumpríronse 100 anos do nacemento de Francisco Fernández Del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) e oitenta da lectura do discurso ‘La Universidad gallega ante el momento actual’ que pronunciou como representante do estudantado na inauguración do curso 1933-1934, cando era alumno de Dereito en Compostela, impreso que atesouramos na Biblioteca Concepción Arenal. A Universidade de Santiago … Seguir lendo

Valorar:

500 aniversario do “Príncipe” de N. Maquiavelo

Neste ano 2013 cúmplense 500 anos de que Nicolás Maquiavelo escribira a obra “De principatibus” como figura no título orixinal en latín nas primeiras copias manuscritas, xa que non foi ata 1532 cando apareceu a primeira edición impresa. É a obra de literatura italiana máis difundida no mundo, e da que mais traducións se teñen realizado. … Seguir lendo

Valorar:

Fotografías de bibliotecas de dereito

O pasado 8 de maio tivo lugar a inauguración e apertura do Max Planck Institute Luxembourg for International, European and Regulatory Procedural Law en presenza do Gran Duque Enrique, o Primeiro Ministro de Luxemburgo, Jean-Claude Juncker, o Ministro de Educación Superior e Investigación de Luxemburgo, o embaixador de Alemaña, o Secretario de Estado do Ministerio Federal de Educación e … Seguir lendo

Valorar:

Bernardo Herbella de Puga, 1735-1807

No século XVII iníciase a moda de editar obras destinadas á práctica xurídica, instruíndo aos licenciados en Dereito que pretendían exercer a avogacía nas peculiaridades xurídicas propias do país. A pervivencia dun ensino excesivamente teórico, monopolizado polo Dereito romano, favoreceu este tipo de publicacións que simplemente pretendían introducir nas sutilezas forenses aos aspirantes ao exercicio … Seguir lendo

Valorar:

San Tomé de Aquino e o seu sistema de ensino: as Universidades

Teólogo e filósofo italiano. Ingresou na Orde Dominica tras vencer unha forte oposición familiar. En 1245 a Orde enviouno ao Estudio Xeral de París, onde coñeceu a Alberto Magno, co que mantivo estreita relación ata 1252. En 1256 obtivo o título de mestre en teoloxía, que lle permitiu ocupar unha das dúas cátedras rexentadas polos … Seguir lendo

Valorar:

Noticiario NO-DO (1943-1981) en consulta libre por internet

A Filmoteca Española conta con algunhas coleccións de fondos fílmicos, que constitúen valiosos documentos históricos dunha determinada época. Entre éstas destacan os arquivos de NO-DO. A importancia como fonte documental histórica diversifícase en varios campos da cultura: lingua, moda, usos e costumes, feitos históricos ou efemérides deportivas, por exemplo. Desde o pasado mes de decembro RTVE.ES e … Seguir lendo

Valorar:

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s)

O(s) sentido(s) da(s) cultura(s) ( S5-572) é o título da novidade da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra colectiva compilada polo catedrático de Ciencia Política da USC Ramón Máiz, publicada polo Consello da Cultura Galega na súa colección Ensaio e investigación. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección adicada á Socioloxía. Esta publicación xorde con … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas