Novidades bibliográficas

This tag is associated with 33 posts

Concepción Arenal, la caminante y su sombra

Ven de publicarse unha biografía escrita por Anna Caballé que nos achega maxistralmente á figura de Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893), unha biografía que rescata o valor da obra dunha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX. A obra xa figura nos fondos da biblioteca coa signatura A6-535 O volume, que saiu á venda … Seguir lendo

Valorar:

Libro de estilo de la justicia

  «Un lenguaje jurídico que no entienda la ciudadanía difícilmente puede considerarse democrático», dixo Carlos Lesmes, presidente do Tribunal Supremo e do Consejo General del Poder Judicial, na presentación do Libro de estilo de la Justicia. O Libro de estilo de la justicia foi concibido co propósito de contribuír ao bo uso da linguaxe en todos … Seguir lendo

Valorar:

América

Xa temos incorporada aos fondos da biblioteca «América», última obra de Manuel Vilas recén editada por Círculo de Tiza, 2017. Magnética a crónica de «América», resultado dunha viaxe e dun soño. Un relato asombrado pola inmensidade dunha nación, os Estados Unidos, que ten as proporcións dun planeta enteiro no que cabe todo. «América» é a representación dun … Seguir lendo

Valorar:

8 de marzo de película

Dentro das actividades que estamos a desenvolver para conmemorar este 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, un día para lembrar a loita e para visibilizar o camiño percorrido e o que queda aínda por percorrer en todos os ámbitos da nosa sociedade, amosamos unhas cantas recomendacións de películas sobre a situación das mulleres no mundo … Seguir lendo

Valorar:

Diccionario del español jurídico

Vimos de recibir na biblioteca o Diccionario del español jurídico (DEJ), que nace da preocupación do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) polos problemas de claridade e seguridade da linguaxe xurídica. Aínda que non é a primeira vez que se fai un dicionario xurídico, si é o primeiro, tanto en España como en Europa, que … Seguir lendo

Valorar:

Vocabulario de Criminoloxía

O Vocabulario de criminoloxía é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha obra de referencia coordinada polos profesores da facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía Gumersino Guinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL da USC. Tédela no segundo andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección de obras de referencia. A … Seguir lendo

Valorar:

83 argumentos que convencen al Tribunal Europeo de Derechos Humanos

83 argumentos que convencen al Tribunal Europeo de Derechos Humanos : jurisprudencia que afecta a España é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora de Filosofía do Dereito da USC Sonia Esperanza Rodríguez Boente, publicada pola editorial Aranzadi, na súa colección de Estudios, e patrocinado polo Valedor do Pobo de Galicia. Tédela … Seguir lendo

Valorar:

Crisis, derechos sociales e igualdad

Crisis, derechos sociales e igualdad / editoras, Alba Nogueira López, Marta Lois González, Isabel Diz Otero ; Margarita León Borja … [et al.]. Valencia : Tirant lo Blanch, 2015, (A38.11-28) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía dirixida polas profesoras da USC Alba Nogueira López, Marta Lois González e Isabel Diz Otero, publicada pola editorial … Seguir lendo

Valorar:

Estudios de Derecho de Sucesiones

Estudios de derecho de sucesiones, “Liber Amicorum” Teodora F. Torres García. Directores Andrés Domínguez Luelmo, María Paz García Rubio ; coordinadora Margarita Herrero Oviedo. Las Rozas, Madrid : La Ley, 2014 É unha práctica habitual no ámbito universitario celebrar a xubilación dun profesor coa publicación dun libro no que participan discípulos, colegas e outros profesionais da rama … Seguir lendo

Valorar:

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia

Patentes farmacéuticas y Derecho de la competencia (IDIUS-8709) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía publicada pola editorial Aranzadi e dirixida polo profesor doutor da USC Ángel García Vidal, e coordinada polos tamén profesores da USC  María del Mar Maroño Gargallo e Francisco Javier Framiñán Santas. Tédela no primeiro andar da Biblioteca Concepción Arenal, na sección do IDIUS, adicada … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas