Propiedade intelectual

This tag is associated with 7 posts

Obras huérfanas y derecho de autor

Obras huérfanas y Derecho de autor (IDIUS-8714) é a novidade bibliográfica da que vos falamos hoxe. Trátase dunha monografía elaborada pola profesora doutora da USC Isabel Espín Alba publicada pola editorial Aranzadi. É a primeira monografía que analiza a transposición ao dereito español da Directiva 2012/28/UE, e contén valiosas suxestións para o desenvolvemento regulamentario da Lei 21/2014, así como … Seguir lendo

Valorar:

Campus virtual e propiedade intelectual

A entrada que comentamos inxírese no contexto das relacións das universidades co Centro Español de Protección de Derechos de Autor (CEDRO), entidade de xestión colectiva que defende os dereitos de autores e editores, en relación co uso docente de materiais protexidos pola propiedade intelectual. Durante anos os servizos de reprografía de moitas universidades facían fotocopias prestando pouca atención á … Seguir lendo

Valorar:

A CE esixirá o acceso gratuíto a publicacións científicas

Recentemente difundiuse polas redes sociais a intervención da Vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da axenda dixital, Neelie Kroes no lanzamento da iniciativa internacional Alianza de Datos de Investigación en Estocolmo, na que avanzaba que a UE “esixirá que todas as publicacións científicas que reciban fondos europeos sexan accesibles libremente”. Esta iniciativa está amparada nas … Seguir lendo

Valorar:

Novo libro sobre o correcto uso das ferramentas web 2.0 (facebook, youtube,…)

Hoxe queremos presentarvos un interesante libro publicado recentemente e que pasou a formar parte dos nosos fondos bibliográficos: The no-nonsense guide to legal issues in Web 2.0 and cloud computing (IDIUS-8581), de Charles Oppenheim (London : Facet, 2012). As ferramentas Web 2.0 na nube son fundamentais nas bibliotecas e organizacións relacionadas coa información, pero moitos profesionais de LIS poden … Seguir lendo

Valorar:

Propiedad intelectual, investigación y tesis doctorales

Unha sentenza da Sala do Civil do Tribunal Supremo, ven de ratificar a da Audiencia Provincial de Valencia, de maio de 2010, na que se declarou como culpable  a un catedrático de Dereito Mercantil da Universidad de Murcia, polo plaxio de parte da tese de doutoramento dunha das suas doutorandas, vulnerando os dereitos de propiedade intelectual. Esta nova, ven a … Seguir lendo

Valorar:

WIPO Lex, a base de datos internacional sobre propiedade intelectual

WIPO Lex é unha base de datos electrónica, publicada en liña, que dá acceso á lexislación sobre propiedade intelectual dos membros da OMPI, da Organización Mundial do Comercio (OMC) e das Nacións Unidas. Contén máis de 10.000 documentos con información sobre tratados relacionados coa propiedade intelectual, administrados por diversas organizacións multilaterais e rexionais, e acordos … Seguir lendo

Valorar:

A ‘información líquida’ no ‘común’ das Humanidades e as Ciencias Sociais: Open Humanities Press e aOpen.

As Bibliotecas universitarias, e a súa comunidade, están inmersas nunha dinámica e un proceso que contempla distintos e variados frontes: usuarios, formación de coleccións, creación de coñecemento, edición, mercado, etc. Pero quizás a fronte de maior impacto hoxe en día sexa o marco no que as bibliotecas, como institucións sociais, están a moverse e que … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas