Bases de datos, Ciencia política, Dereito constitucional, Historia do dereito, Noticias e novidades

O Congreso dos Deputados dixitaliza o seu arquivo de audio

Congreso

Congreso dos Deputados presentou hoxe a dispoñibilidade dende a súa páxina web da consulta das gravacións de audio (ficheiros en formato mp3) das intervencións correspondentes ás lexislaturas Constituinte, I, II, III, IV e V, permitindo así esta dixitalización a que accedamos a todas as sesións das lexislaturas comprendidas entre 1977-1996.

Esta iniciativa súmase ao proceso de modernización e dixitalización emprendido pola Cámara nos últimos anos. En total son 18.000 vellas cintas magnéticas de bobina aberta que foron pasadas a formato dixital para poñelas a disposición de todo aquel que se queira mergullar nas sesións parlamentarias daqueles anos e escoitar as voces dos seus protagonistas.

Queremos lembrarvos que ademais do son ou o vídeo desde 1977 ata os nosos días, o Congreso dixitalizou xa todos os Diarios de sesións desde 1810, anque polo inmenso volume que ocupan -medio millón de páxinas- ainda non é posible acceder a este arquivo a través da web da Cámara.

Na Biblioteca Concepción Arenal dispomos dos múltiples formatos en que se foron publicando os Diarios ao longo do tempo. En papel, en microfilm, e en CD-ROM, DVD ou en tarxeta USB. Agardamos que para finais deste ano tamén se poidan consultar todas as votacións (co nome e os apelidos dos deputados), que se produciron no Congreso dende 1977.

Aznar instando ao presidente do Goberno Felipe González a que presente a súa dimisión ante os feitos políticos ocorridos

Disponse de gravacións a nivel de sesión completa e a nivel de cada unha das iniciativas tratadas en cada sesión.

Queres escoitar a Fraga ou Carrillo nos debates constituintes? Aquí protagonizan un momento anecdótico na Comisión 

O acceso ás intervencións realízase a través da páxina pública do seguinte xeito:

– No menú Deputados:

  1. Seleccionar a lexislatura.
  2. Seleccionar o deputado.
  3. Facer clic no enlace “Intervenciones Parlamentarias” e elixir no menú que aparece debaixo se se queren ver as intervencións Por orde cronolóxica ou Por tipo de iniciativa.
  4. Facer clic na icona do altavoz da intervención que se quere escoitar.

– No menú Intervencións (tanto no buscador simple como na opción de busca avanzada):

  1. Seleccionar a lexislatura.
  2. Seleccionar o criterio de busca e facer clic no botón “Buscar”.
  3. A pantalla de resultados permite acceder ao audio de cada iniciativa nos seguintes niveis:
    • 3.1 Sesión. Inclúe tamén a opción de descarga.
    • 3.2 Orador.

Acceso ao arquivo de audio por lexislatura:

Guía informativa

Fonte: El ConfidencialEl Congreso digitaliza su archivo de audio de 1977 hasta 1996. Noticias de Tecnología [consulta 07/05/2015]

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas