Dereito constitucional, Facultade de Dereito, Historia do dereito, Personaxes, Xuristas

Hermida Maldonado

Hermida MaldonadoA piques de rematar o ano no que se conmemora o 200 aniversario da Constitución de Cádiz, sabías que este santiagués, colexial xurista do Colexio de Fonseca, Secretario de Estado e Ministro con Fernando VII, foi o primeiro presidente das Cortes na Illa de León?

Efectivamente, foi designado Presidente de idade o 24/09/1810 na Lexislatura que vai do 24 de setembro de 1810 ao 25 de setembro de 1813. Cortes Xerais Extraordinarias (Diario de Sesións, n. 1 de 24 de setembro de 1810, p.2-3).

Instaladas ya las Córtes, se trató ante todas cosas del nombramiento de Presidente y Secretario. Más como nadie tuviese voz de preferencia para hacer esta designacion, al cabo de una ligera discusion manifestó un señor Diputado que podia echarse mano de cualquier indivíduo del Congreso que hiciese momentáneamente las funciones de Presidente para proceder á la eleccion del que debia quedar nombrado, y designó al Sr. D. Benito Ramon de Hermida. Aprobado por las Córtes este expediente, pasó el Sr. Hermida á ocupar la silla de Presidente al testero de la mesa. Siendo indispensable para verificar el acto de eleccion que hubiese tambien un Secretario interino, se autorizó al Sr. Presidente para que designase uno, y designó al Sr. D. Evaristo Perez de Castro, el cual, con la aprobacion de las Córtes, tomó asiento á uno de los lados de la mesa, quedando así dichos dos señores declarados Presidente y Secretario momentáneos para solo el acto de eleccion de esto dos empleos en propiedad.

Procedióse en seguida á la eleccion de Presidente, viniendo cada Diputado á la mesa á hacer escribir al Secretario el nombre de la persona que elegia. Del escrutinio resultaron diferentes dos votos á favor de varios Diputados, reuniendo mayor número los Sres. D. Ramón Lázaro de Dou y D. Benito Ramon de Hermida; más como ninguno de ellos tuviese la mayoría absoluta que las Córtes aoordaron debia existir para las eleceiones de esta clase, se hizo una segunda votacion entre estos dos señores, de la cual resultó que el Sr. Dou tuvo 50 votos, y el Sr. Hermida 45; quedando por consiguiente elegido Presidente el Sr. D. Ramon Lázaro de Dou hasta que las Córtes dispusiesen otra cosa.

HERMIDA Y MALDONADO, Benito Raimundo ou HERMIDA Y PORRAS, Benito María.

O seu nome completo é Benito María Hermida y Porras Bermúdez Maldonado (1736-1814), por iso aparece cos dous nomes segundo a fonte. Naceu en Santiago de Compostela en 1736. Estudou Leis e Cánones na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose e doutorándose en Cánones. Sendo catedrático na universidade ata que en 1760 nomeárono Xuiz de Imprentas e Librerías do Reino de Galicia.

Adicado á xurisprudencia, chegou a ser Oidor da Real Chancillería de Granada como Alcalde do Crime (1768), e rexente da Audiencia de Sevilla en 1786. Durante a guerra da Independencia, defendeu as tendencias absolutistas. Foi nomeado Secretario do Despacho de Graza e Xustiza o 14 de outubro de 1808, pola Xunta Suprema Gubernativa, que presidía José Moñino e Redondo, para pasar logo a ser conselleiro de Estado, xa en febreiro de 1810, mesmo ano en que sería elixido deputado polo Reino de Galicia, na cidade de Santiago.

Asinante da Constitución de 1812, formou parte como delegado da Rexencia, encargado de examinar os poderes dos demais deputados, e foi o primeiro Presidente provisional das Cortes antes das eleccións formais para elixir presidentes e secretarios. Caracterizouse, como outros destacados deputados galegos, pola súa especial preparación en cuestións xurídicas, formando parte do Tribunal das Cortes. Durante as diferentes sesións tivo unha participación moi activa no debate sobre a abolición da tortura, no que Hermida era partidario de mantela chegando a ter un conflito con Argüelles. Tamén aportou a súa participación no decreto sobre o Tribunal da Inquisición amosando o seu apoio ao mantemento do tribunal eclesiástico.Morrería na indixencia o 1 de febreiro de 1814 en Santiago de Compostela.

No ámbito do Dereito publicou Conclusiones Universales circa usuram canonico-criticae (Compostela, 1767) e na Biblioteca Universitaria consérvase o manuscrito Espíritu de el derecho divino eclesiástico, natural y de gentes (1764)

Publicou numerosos escritos como Pensamientos militares de un paisano; Diálogo de un paisano y de un habitante de la isla de León, Observaciones encaminadas a desengañar e instruir a los diputados de las cortes extraordinariasConversación entre un forasteros y un vecino de la Isla de León, sobre los derechos de la princesa del Brasil…Doña Carlota Joaquina de Borbón a la sucesión eventual…de España (reimp. en Santiago, 1811) e de Breve noticia de las Cortes, Gobierno o llámese Constitución del Reyno de Navarra (Cádiz, 1811 e Santiago, 1812).

Fontes:

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.416 visitas