Xuristas

This category contains 9 posts

Dicionario de catedráticos españois de Dereito

Esta páxina electrónica ofrece os resultados dunha investigación en curso relativa aos titulares de cátedras xurídicas entre 1847, data do primeiro escalafón do corpo de catedráticos, e 1943, ano da lei de Ordenación Universitaria. Trátase dunha relación de 562 personaxes, moitos deles pouco ou nada coñecidos, que conforman a historia viva da universidade liberal. O Diccionario de catedráticos españoles … Seguir lendo

Valorar:

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

Hoxe cúmprense 194 anos do nacemento de Concepción Arenal (Ferrol, 1820; Vigo, 1893), persoeira á que lle debemos a denominación de Biblioteca Universitaria Concepción Arenal. A reforma penal, a cuestión obreira e a situación social das mulleres foron as principais preocupacións da nosa autora, así como os temas claves que desenvolveu nos seus escritos, que abarcan máis … Seguir lendo

Valorar:

Controversiarum illustrium aliarumque usu frequentium. Un dos libros máis antigos da Biblioteca Concepción Arenal

Pola súa antigüidade, o libro D. Fernandi Vasquii Menchacensis … Controversiarum illustrium aliarumque usu frequentium de 1564 constitúe un dos exemplares máis antigos da colección. Obra do xurisconsulto vallisoletano Fernando Vázquez de Menchaca, 1512-1569. Estudou a prescripción como forma xurídica que da orixe á propiedade, isto é, a norma legal de conceder a posesión dun ben a quen … Seguir lendo

Valorar:

Luis Díez-Picazo, honoris causa pola USC

A Universidade de Santiago de Compostela investirá este venres 25 doutor honoris causa ao xurista Luis Díez-Picazo y Ponce de León no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e como madriña intervirá a catedrática de Dereito Civil da nosa Universidade, María Paz García Rubio. Considerado “un dos máximos e insignes xuristas do século XX e do que … Seguir lendo

Valorar:

Bernardo Herbella de Puga, 1735-1807

No século XVII iníciase a moda de editar obras destinadas á práctica xurídica, instruíndo aos licenciados en Dereito que pretendían exercer a avogacía nas peculiaridades xurídicas propias do país. A pervivencia dun ensino excesivamente teórico, monopolizado polo Dereito romano, favoreceu este tipo de publicacións que simplemente pretendían introducir nas sutilezas forenses aos aspirantes ao exercicio … Seguir lendo

Valorar:

As nosas fontes. Boletín Judicial de Galicia, 1856-1866

Véñense de incluir no catálogo da Biblioteca Universitaria uns trescentos rexistros bibliográficos correspondentes a artigos doutrinais, críticas a sentenzas xudiciais, análises de disposicións legais, discursos, homenaxes e traballos de distinta natureza publicados entre 1856 e 1866 no Boletín Judicial de Galicia. Foi esta unha publicación xurídica centrada na análise e divulgación de cuestións legais de … Seguir lendo

Valorar:

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

Concepción Arenal, unha das pioneiras do feminismo en España, nacía tal día coma hoxe en 1820. Ilustra esta entrada a imaxe do busto que hai no vestíbulo da biblioteca. Concepción Arenal (Ferrol, 1820 – Vigo, 1893). Logo de realizar con desgana, en Madrid, os típicos estudos para señoritas da época, foi cando inicióu a súa … Seguir lendo

Valorar:

Hermida Maldonado

A piques de rematar o ano no que se conmemora o 200 aniversario da Constitución de Cádiz, sabías que este santiagués, colexial xurista do Colexio de Fonseca, Secretario de Estado e Ministro con Fernando VII, foi o primeiro presidente das Cortes na Illa de León? Efectivamente, foi designado Presidente de idade o 24/09/1810 na Lexislatura que vai do 24 … Seguir lendo

Valorar:

Praxis beneficiorum. O libro máis antigo da Biblioteca Concepción Arenal

O Fondo de reserva da Biblioteca Concepción Arenal está integrado polos libros anteriores a 1939 sendo, na súa maioría libros adquiridos pola Facultade de Dereito ao longo da súa historia e os procedentes das bibliotecas particulares integradas. Inclúe coleccións formadas por xuristas do talle de Paulino Pedret, Agustín Fernández Albor ou de Camilo Barcia Trelles, que garanten o valor documental do mesmo, con … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas