Biblioteca Concepción Arenal, Personaxes, Xuristas

Aniversario do nacemento de Concepción Arenal

FotoConcepcionArenal2

Concepción Arenal, unha das pioneiras do feminismo en España, nacía tal día coma hoxe en 1820. Ilustra esta entrada a imaxe do busto que hai no vestíbulo da biblioteca.

Concepción Arenal (Ferrol, 1820 – Vigo, 1893). Logo de realizar con desgana, en Madrid, os típicos estudos para señoritas da época, foi cando inicióu a súa formación de xeito autodidacta. Tense dito que foi a primeira muller española que entrou como oínte nas aulas universitarias. Que durante tres cursos (1842-1845) asistiu, disfrazada de home, a clases de dereito na Universidade de Madrid. Na década dos cincuenta comezou a editar e a publicar.

A reforma penal, a cuestión obreira e a situación social da muller foron as principais preocupacións da nosa autora, así como os temas claves que desenvolveu nos seus escritos, que abarcan máis de 20 tomos. Colaborou no xornal progresista La Iberia e foi directora e redactora de La Voz de la Caridad.

Tamén desempeñou diversos cargos: visitadora de prisións de mulleres de Galicia, inspectora das casas de corrección de mulleres, membro da comisión de reforma do Código Penal e secretaria xeral da Cruz Vermella de Madrid.

Fonte : Persoeiros históricos da Galiza, n. 62. Sargadelos, 1996)

About carenal

Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.415 visitas