Biblioteca Concepción Arenal

This category contains 72 posts

Regulamento da Biblioteca da Facultade de Dereito de 1911

Pesquisando nos antigos libros de Actas da Facultade de Dereito na procura dun asunto que non ven ao caso, atopámonos con este Regulamento da biblioteca, aprobado hai cento dez anos e que pode ser o primeiro do que se ten constancia. Así, na acta da Xunta de Facultade de Dereito de 28 de marzo de … Seguir lendo

Valorar:

A Biblioteca en cifras 2018

A Biblioteca en cifras 2018, publícase un ano máis para resumir os datos máis salientables da actividade da biblioteca no 2018. Este documento permítenos establecer novos obxectivos e adecuar o Servizo ás necesidades das facultades que atendemos e da comunidade universitaria en xeral. Amosa a realidade da Biblioteca, tanto cualitativa como cuantitativamente, e ao mesmo tempo vemos a súa evolución durante os últimos tres e cinco anos. Resumimos a continuación … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Nada personal

A lectura escollida para este mes de marzo non é outra que Nada personal / fotografías de Richard Avedon y texto de James Baldwin. — Colonia : Taschen, cop. 2017 considerada pola crítica unha xoia non só polo que é o seu resultado final visible; senón polo que se agocha no seu proceso de elaboración: amizade, … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Leviathan de Thomas Hobbes

Este mes de novembro adicamos @nas marxes á obra “Tout court” da teoría política moderna Leviathan de Thomas Hobbes, nin mais nin menos. A súa escolla ven pola condición de clásico, se nos remitimos ás verbas de Norberto Bobbio, un dos grandes estudosos do seu pensamento, que consideraba que Hobbes cumpría as tres condicións básicas para … Seguir lendo

Valorar:

Concepción Arenal, la caminante y su sombra

Ven de publicarse unha biografía escrita por Anna Caballé que nos achega maxistralmente á figura de Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893), unha biografía que rescata o valor da obra dunha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX. A obra xa figura nos fondos da biblioteca coa signatura A6-535 O volume, que saiu á venda … Seguir lendo

Valorar:

A Biblioteca en cifras 2017

Un ano máis presentamos A Biblioteca en cifras 2017, unha especie de memoria anual na que facemos un Resumo dos datos máis salientables do ano 2017: Materiais más prestados, orzamento, préstamo de ordenadores, servizos 2.0 e outras actividades desenvolvidas ao longo do ano. Ademais de aportar os datos necesarios para o seguimiento nos cinco últimos anos, saliéntase a actividade realizada … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. El arte como terapia

A obra que temos escollido para este mes de febreiro é  El arte como terapia / Alain de Botton, John Armstrong. — Londres : Phaidon Press Limited, 2017. A lectura queda para o venres 23 de febreiro no CGAC, a partir das 18:30 h., e aproveitaremos para ver a exposición de Eduardo Batarda : MISE EN ABYME. … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. Os Ensaios de Montaigne

Montaigne, Michel de, 1533-1592. Os ensaios : (escolma) / Michael de Montaigne ; prólogo Gonzalo Navaza, tradución Gonzalo Navaza. – [Santiago de Compostela] : Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ; [Madrid] : Fundación BBVA, D.L. 2016. É a lectura que temos reservada para este verán N@s Marxes, reunirémonos o … Seguir lendo

Valorar:

@ nas marxes. El pueblo sin atributos

Para este mes de Maio, a obra que escollemos n@s Marxes é El pueblo sin atributos: la secreta revolución del neoliberalismo de Wendy Brown, traducida por Victor Altamiro e editada por MalPaso* e quedamos para falar dela na biblioteca o vindeiro 2 de xuño. Presentar esta obra é en si un labor difícil, pero tentaremos animarvos … Seguir lendo

Valorar:

A Biblioteca en cifras 2016

Un ano máis presentamos A Biblioteca en cifras 2016, unha especie de memoria anual na que facemos un Resumo dos datos máis salientables do 2016: Materiais más prestados, orzamento, préstamo de ordenadores, servizos 2.0… Ademais de aportar os datos necesarios para o seguimiento nos cinco últimos anos, saliéntase a actividade realizada cos recursos dispoñibles, indicando a evolución dos mesmos, o … Seguir lendo

Valorar:

10º Aniversario da Biblioteca Concepción Arenal
Código QR

Estatísticas do blog

  • 18.421 visitas